Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 255 Luns, 21 de decembro de 2020 Páx. 50004

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 26 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2020/89-1).

Unha vez outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada de reforzo LMT EIR721, alimentación Begano-Alfonso Molina, no concello da Coruña (expediente IN407A 2020/89-1), mediante Resolución desta xefatura territorial, do 8 de outubro de 2020, a favor da entidade beneficiaria UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo na avenida de Arteixo, nº 171, 15008 A Coruña.

Esta xefatura territorial, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, acorda sinalar o día 15 de xaneiro de 2021 para o levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica contidos na relación de predios que se exporán xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello da Coruña, deducida da que se someteu á información pública no DOG do 12 de xuño de 2020, no BOP do 29 de maio e no xornal La Voz de Galicia do 4 de xuño, acto ao cal deberán concorrer as persoas propietarias ou os titulares de dereitos sobre os predios propostos como afectadas, ás cales se lles efectuará unha notificación individual en que se sinalarán os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da casa do devandito concello.

Cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os predios afectados sexan descoñecidas ou se ignore o lugar de notificación, dirixiranse ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destas, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa. Neste caso, igualmente se publicará un anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 26 de novembro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña