Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 255 Luns, 21 de decembro de 2020 Páx. 49982

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 10 de decembro de 2020 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario/a, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Advertidos erros na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 249, do 11 de decembro de 2020, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 48626, onde di:

«I.1. O obxecto do proceso selectivo será cubrir trinta e cinco (35) prazas, na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario/a, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2017, segundo o que se detalla no anexo IV desta convocatoria e que se indican a continuación:

– Oferta de emprego público do exercicio 2017, aprobada polo Decreto 124/2017, do 30 de novembro (DOG núm. 234, do 12 de decembro): trinta e cinco (35) prazas de consolidación, das cales unha (1) está reservada á quenda de persoas con discapacidade».

Debe dicir:

«I.1. O obxecto do proceso selectivo será cubrir trinta e catro (34) prazas, na categoría 005 do grupo I, titulado/a superior veterinario/a, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, correspondentes á oferta de emprego público do exercicio 2017, segundo o que se detalla no anexo IV desta convocatoria e que se indican a continuación:

– Oferta de emprego público do exercicio 2017, aprobada polo Decreto 124/2017, do 30 de novembro (DOG núm. 234, do 12 de decembro): trinta e catro (34) prazas de consolidación, das cales unha (1) está reservada á quenda de persoas con discapacidade».

Na páxina 48655, elimínanse as prazas seguintes:

MRC992002015190020

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

MRC992001015060003

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005

Na páxina 48655, débese incorporar a seguinte praza:

MRC992004015560014

Titulado/a superior

Veterinario/a

I 005