Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 255 Luns, 21 de decembro de 2020 Páx. 49994

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 728/2020 CG).

Tipo e nº de recurso: RSU recurso suplicación 728/2020

Xulgado de orixe/autos: ETX execución de títulos xudiciais 142/2019 Xulgado do Social número 4 da Coruña

Eu, María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 728/2020, seguido por instancia de Cintia Pérez Varela, Julio Iglesias Rendal contra Fogasa, Moinselectric, S.L., sobre incidentes de execución, se ditou, no día da data, a seguinte resolución:

«Resolvemos que desestimando o recurso de suplicación interposto por Cintia Pérez Varela, en nome e representación de Julio Iglesias Rendal, coa asistencia do letrado Alejandro Manuel Porteiro Uribarri, contra o auto ditado polo Xulgado do Social número 4 da Coruña, con data 30 de outubro de 2019, polo que se estima o recurso de reposición interposto contra o auto ditado con data 2 de setembro de 2019, polo que se ordenaba despachar orde xeral de execución da sentenza ditada o 24 de outubro de 2017, en incidente de execución seguido por instancia do executante Julio Iglesias Rendal, representado por Cintia Pérez Varela, fronte á executada Moinselectric, S.L., en que foi parte o Fondo de Garantía Salarial, debemos confirmar e confirmamos a resolución impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

E para que sirva de notificación en legal forma a Moinselectric, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza