Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 256 Martes, 22 de decembro de 2020 Páx. 50207

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de seguridade no traballo.

Mediante a Resolución do 25 de maio de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 112, do 10 de xuño), aprobáronse as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de seguridade no traballo, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 marzo).

Unha vez transcorrido o prazo para a presentación de reclamacións sobre as ditas listaxes, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e coa base I.4.2 das que rexen o proceso selectivo, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de seguridade e saúde no traballo, especialidade de seguridade no traballo, convocado pola Orde do 28 de febreiro de 2019 (DOG núm. 44, do 4 de marzo).

A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

A listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes excluídas de xeito definitivo que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, DNI electrónico ou Chave365.

Para a devolución do importe ingresado por aqueloutras persoas aspirantes que non fixeron constar eses datos e figuren nesta resolución como excluídas será necesaria a presentación dun escrito en que faga constar o número de conta (24 díxitos), a entidade bancaria e a súa localidade ou dun certificado expedido pola entidade en que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e deberá ser dirixida ao Servizo de Selección da Dirección Xeral da Función Pública.

De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas solicitantes admitidas provisional ou definitivamente.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2020

José Mª Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Relación de persoas aspirantes excluídas

Promoción interna.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Fernández Parajes, Lourdes

***3769**

24

López López, Luisa

***3525**

20, 24, 57

Acceso xeral.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Ameijeiras Canosa, Carmen

***1045**

33

Aneiros Suárez, Julio César

***3560**

24

Blanco Núñez, Rocío

***2935**

20, 24

Bores Piñón, Andrés

***7010**

24, 43

Caamaño Fernández, María Isabel

***9689**

24

Campo Fraga, Yolanda

***3701**

20, 24

Díaz Piñeiro, María

***2906**

24

Gago Rodríguez, Carlos

***8170**

10

Gandía Merelles, Aroa

***4125**

33

García de Arriba, Porfirio

***6448**

10

García García, Diana

***6939**

43

Goldar Bouzada, Tania

***8918**

24

González Lado, Wendy

***7354**

20, 24

Jagino Bocija, Javier

***1031**

24

López Roel, Loreto

***2167**

24

Maseda Bello, Rosa Mar

***3827**

24

Méndez López, Cristian

***1872**

24

Paz Nieto, Susana

***9389**

33, 34

Pena López, Eva

***7751**

24

Pino Collazo, Rodrigo

***6603**

24, 43

Prado López, Agustín

***6753**

24

Rico Varela, Luis Alfonso

***5005**

24

Ríos Calviño, Rocío

***1700**

20, 24

Rodríguez Rodríguez, David

***6282**

24

Rodríguez Rodríguez, María Nelly

***6373**

24, 43

Rodríguez Vaamonde, María

***0265**

24

Sáez Taboada, Carlos Alberto

***9974**

24

Sieiro Chedas, Rubén

***9883**

24

Silva Michelena, Juan Diego

***9723**

24, 63

Silva Seoane, Cayetana

***1622**

20, 24, 66, 67

Taboada Moure, María del Pilar

***1395**

24

Varela Cotelo, María Mercedes

***0193**

33

Varela García, Verónica

***4384**

24

Vázquez Bravos, Raquel

***3263**

24

Vázquez Díaz, José Ángel

***4359**

20, 24

Vilas Gómez, Álvaro

***0718**

20, 24

Vizoso Jul, Araceli

***3645**

24

Cód.

Causa da exclusión

10

Instancia fóra de prazo

20

Pendente de presentar/pendente de realizar o pagamento

24

Non presenta a documentación exixida

33

Non acredita a titulación universitaria exixida

34

Non acredita as tres especialidades en técnico superior en Prevención de Riscos Laborais

43

Desistencia da solicitude

57

Non pertencer ao corpo ou escala do grupo correspondente

63

Non presenta e non autoriza a consulta da condición de familia numerosa xeral

66

Non presenta e non autoriza a consulta da condición de demandante de emprego 6 meses antes convocatoria

67

Non presenta e non autoriza a consulta da condición de non percibir prestación ou subsidio por desemprego