Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 256 Martes, 22 de decembro de 2020 Páx. 50298

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de notificación de orde de execución ao titular do predio coa referencia catastral 32076A012000990000UQ para a xestión da biomasa.

Ao non ser posible a notificación de forma habitual, e segundo o establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, así como o establecido no artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, modificada pola Lei 9/2017, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, ponse en coñecemento de Cándido Carballeira Lorenza o seguinte:

«Unha vez visto o expediente 1350/2020, relativo ao incumprimento dos deberes previstos no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, respecto ao predio coa referencia catastral 32076A012000990000UQ, cunha extensión de 110 m2.

En cumprimento do disposto na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, requírese o propietario, arrendatario ou usufrutuario da parcela coa referencia catastral 32076A012000990000UQ, localizada na Castellana, para que no prazo de quince (15) días execute os traballos de limpeza da maleza existente no predio de referencia, coa advertencia da facultade do Concello da realización da execución subsidiaria ou ben forzosa, mediante a imposición de multas coercitivas. Advírteselles que están obrigados a facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión da biomasa».

San Cibrao das Viñas, 2 de decembro de 2020

M. Pedro Fernández Moreiras
Alcalde