Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 257 Mércores, 23 de decembro de 2020 Páx. 50430

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 495/2020).

Eu, Esther Solano Gutiérrez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 495/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Dellanira del Carmen Blanco Salazar contra a empresa Restauración Terracota Grill, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza

A Coruña, 6 de novembro de 2020.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, os presentes autos número 495/2020 sobre despedimento, seguidos por instancia de Dellanira del Carmen Blanco Salazar, asistida polo letrado Sr. Páramo Sureda, contra Restauración Terracota Grill, S.L.

Resolución:

Estímase a demanda interposta por Dellanira del Carmen Blanco Salazar, asistida polo letrado Sr. Páramo Sureda, contra Restauración Terracota Grill, S.L., e declárase a improcedencia do despedimento efectuado polo demandado con efectos do 18 de marzo de 2020 e, en consecuencia, debo condenar e condeno a empresa demandada a que readmita a traballadora demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación da sentenza, a razón de 22,15 euros diarios ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante da indemnización de 121,85 euros por despedimento improcedente, todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais do Fogasa.

A opción do empresario entre a readmisión da traballadora ou a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de 5 días contados a partir da notificación da presente resolución, mediante un escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o dito prazo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o acorda, manda e asina.

E para que sirva de notificación en legal forma a Restauración Terracota Grill, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza