Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 257 Mércores, 23 de decembro de 2020 Páx. 50401

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2020, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, convocado pola Orde do 22 de maio de 2018, pola que se fan públicas as puntuacións do terceiro exercicio do proceso selectivo e outros acordos.

Na sesión que tivo lugar o 14 de decembro de 2020, o tribunal nomeado por Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, convocado por Orde do 22 de maio de 2018 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), de conformidade co disposto na base II.1.2.6. da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria e no acordo deste tribunal, do 1 de outubro de 2020, polo que se fixan os criterios de corrección, valoración e superación do terceiro exercicio, publicado no portal web de Función Pública da Xunta de Galicia, e logo de realizada a corrección dos exames consonte os criterios anteriores, determinar que superaron o terceiro exercicio do proceso selectivo un total de 16 aspirantes no conxunto das quendas.

Segundo. Publicar, consonte o disposto na base II.1.2.8, as puntuacións obtidas por todas as persoas aspirantes presentadas ao terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes, pola quenda de acceso libre e pola quenda de promoción interna, no lugar onde se realizou o exercicio e no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal.

Terceiro. Declarar que todas as persoas aspirantes que superaron o terceiro exercicio están exentas de realizar o cuarto exercicio por terse acreditado no prazo previsto disporen da documentación xustificativa consonte o previsto na base II.1.1.4 da convocatoria.

De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo do tribunal poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2020

Antonio Rigueiro Rodríguez
Presidente do tribunal