Advertidos erros na citada orde publicada no DOG nº 249, do 11 de decembro de 2020, é necesario efectuar as seguintes correccións:
Na páxina 48511, no primeiro parágrafo, onde di: «...Lei 2/2017, deo 8 de febreiro...», debe dicir: «...Lei 2/2017, do 8 de febreiro...».
Na páxina 48512, no primeiro parágrafo, onde di: «...trámites que van realizar o colectivo...», debe dicir: «...trámites que vai realizar o colectivo...».
Na páxina 48517, no artigo 7.2, onde di: «...na cale deberá...», debe dicir: «...na cal deberá...».
Na páxina 48518, no artigo 10, no segundo parágrafo, onde di: «...Se o acto o contrato...», debe dicir: «...Se o acto ou contrato...».
Na páxina 48519, no artigo 13, no terceiro parágrafo, onde di: «...efectos da desta...», debe dicir: «...efectos desta...».
Na páxina 48533, no anexo I, no noveno parágrafo, onde di: «El número de referencia...», debe dicir: «O número de referencia...».