Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 258 Xoves, 24 de decembro de 2020 Páx. 50508

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, pola que se resolve a convocatoria pública do 14 de xullo de 2020 para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, dun posto de xefa de servizo de Oncoloxía Médica.

Convocada pola Resolución AC-05/2020, do 14 de xullo de 2020 (DOG núm. 146, do 22 de xullo), a provisión dun posto de xefa de servizo de Oncoloxía Médica, polo sistema de avaliación colexiada, esta xerencia da área sanitaria, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como na Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuidas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG núm. 204, do 25 de outubro), polo que se regulan ás áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de xefa de servizo de Oncoloxía Médica, realizada mediante a Resolución AC-05/2020, do 14 de xullo de 2020 (DOG núm. 146, do 22 de xullo).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa relacionada no anexo á presente resolución.

Terceiro. De conformidade coa base décima da convocatoria, a persoa nomeada será avaliada, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.

Cuarto. O réxime de cesamento na praza de orixe e de toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 27 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño) pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, recurso de alzada perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ferrol, 17 de decembro de 2020

Ángel José Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol

ANEXO

Posto de traballo: xefa de servizo de Oncoloxía Médica.

Nome e apelidos: Laura María de Paz Arias.

DNI: ***2937**.