De acordo co previsto no artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, dispoño dar publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego do Consumo e da Competencia dentro do primeiro cuadrimestre do ano 2020, que se incorporan como anexo a esta resolución.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2020
Manuel Heredia Pérez
Director do Instituto Galego do Consumo e da Competencia
ANEXO
Convenio |
Importe |
Data de sinatura |
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Federación Galega de Asociacións de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios-Brétema para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas con que conta na Comunidade Autónoma de Galicia |
30.000 € |
3 de marzo de 2020 |
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas de Aforro e Seguros de Galicia-ADICAE-Galicia para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas con que conta na Comunidade Autónoma de Galicia |
25.000 € |
6 de marzo de 2020 |
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Federación Galega de Euroconsumo para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas con que conta na Comunidade Autónoma de Galicia |
30.000 € |
7 de marzo de 2020 |
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Unión de Consumidores de Galicia-Ucgal para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas con que conta na Comunidade Autónoma de Galicia |
25.000 € |
6 de marzo de 2020 |
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Federación de Usuarios e Consumidores Independentes de Galicia-Fuciga para a promoción e o desenvolvemento de actuacións de atención e resolución das reclamacións en materia de protección dos consumidores a través da mediación e a arbitraxe, nas oficinas con que conta na Comunidade Autónoma de Galicia |
30.000 € |
3 de marzo de 2020 |
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Universidade de Santiago de Compostela (Facultade de Dereito) no eido do dereito de consumo e da arbitraxe de consumo |
30.000 € |
13 de abril de 2020 |
Convenio de colaboración entre o Instituto Galego do Consumo e da Competencia e a Federación Galega de Asociacións Universitarias Sénior para o desenvolvemento de actividades de formación no programa consumo sénior |
12.000 € |
3 de abril de 2020 |