Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 258 Xoves, 24 de decembro de 2020 Páx. 50505

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo I, titulado/a superior médico, do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Unha vez presentada a renuncia dunha vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo I, titulado/a superior médico, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 212, do 7 de novembro) e coa corrección de erros (DOG núm. 229, do 2 de decembro), de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Silvia Reboredo García, como vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo I, titulado/a superior médico, do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal titular do devandito tribunal a José Ramón Martínez Calvo, persoal estatutario, facultativo especialista de área de xeriatría.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2020

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública