Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 258 Xoves, 24 de decembro de 2020 Páx. 50545

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerceda

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias en Areosa.

O Pleno do Concello de Cerceda, reunido en sesión ordinaria do 28 de maio de 2020, aprobou inicialmente o documento da modificación puntual das normas subsidiarias de Cerceda para a reclasificación de solo urbanizable e a ordenación detallada dun sector en Areosa-Queixas.

Foi publicado anuncio no DOG o día 23 de xuño de 2020, data en que comezaba o prazo de dous meses preceptuado como de información pública.

Ao terse publicado o anuncio en La Voz de Galicia (ed. Carballo) con data do 26 de xullo de 2020, non se cumpriu escrupulosamente co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, polo que procede abrir un novo e complementario prazo de información pública mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e en La Voz de Galicia (ed. Carballo), polo prazo de 25 días hábiles contados desde a data do último anuncio publicado.

A documentación sometida á información pública inclúe, ademais dos documentos integrantes da modificación puntual, un resumo executivo e o informe ambiental estratéxico no cal se decide non someter ao procedemento de avaliación ambiental ordinaria a modificación, por non ter efectos significativos sobre o ambiente.

Cerceda, 3 de decembro de 2020

Juan Manuel Rodríguez García
Alcalde presidente