Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 259 Luns, 28 de decembro de 2020 Páx. 50638

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiso

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2020 referente á convocatoria para prover seis prazas mediante o sistema de concurso-oposición, estabilización do emprego temporal, artigo 19.un.9 da Lei 6/2018, de orzamentos xerais do Estado para 2018.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 207, do 3 de decembro de 2020, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:

1 praza de administrativo/a, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa, grupo C, subgrupo C1, mediante o sistema de concurso-oposición.

1 praza de peón-tractorista da cadro de persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso-oposición.

1 praza de animador/a cultural do cadro de persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso-oposición.

2 prazas de auxiliar de axuda no fogar do cadro de persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso-oposición.

1 praza de auxiliar de intervención do cadro de persoal laboral fixo, para cubrir polo sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

Santiso, 3 de decembro de 2020

Manuel Adán López
Alcalde