Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 260 Martes, 29 de decembro de 2020 Páx. 50746

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 26 de novembro de 2020 (DOG núm. 244, do 3 de decembro) fixéronse públicas as listas provisionais para o desempeño transitorio de prazas reservadas ao persoal funcionario e a contratación temporal do persoal laboral da Xunta de Galicia elaboradas en cumprimento do artigo 6.2 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Con data do 18 de decembro de 2020 rematou o prazo establecido no punto terceiro da devandita resolución para presentar reclamacións.

Unha vez examinadas e resoltas as reclamacións, a Comisión Permanente constituída ao abeiro do artigo 4 do Decreto 37/2006, acordou elevar ao titular da Dirección Xeral da Función Pública as listaxes definitivas de admitidos/as e excluídos/as para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

En consecuencia, de conformidade co establecido no artigo 11 do decreto regulador, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as listas definitivas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos, escalas e especialidades que se relacionan no anexo I desta resolución, así como para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal laboral dos grupos e categorías que se relacionan no anexo II.

Segundo. As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia http://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de Listas de contratación, no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012 e nas oficinas de Rexistro e Atención á Cidadanía da Xunta de Galicia (oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo).

As devanditas listas incluirán a seguinte información:

– Solicitantes admitidos/as na lista con indicación da puntuación resultante da aplicación do baremo establecido nos artigos 9 e 9 bis do Decreto 37/2006.

– Solicitantes excluídos/as con expresión da causa de exclusión.

Terceiro. As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. As persoas solicitantes excluídas disporán do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para solicitar a devolución das taxas por dereitos de inscrición, e deben consignar o nome e os apelidos, o NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta e copia cotexada do modelo de autoliquidación da taxa.

Quinto. Contra esta resolución e de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Corpos e escalas (persoal funcionario)

Grupo

Corpo/

escala

Denominación

A1

205G

Escala de sistemas e tecnoloxía da información

A1

2060

Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

A1

2061

Escala de arquitectos

A1

2062

Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de camiños, canais e portos

A1

2063

Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría agronómica

A1

2064

Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría industrial

A1

2066

Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de montes

A1

2067

Escala de veterinarios

A1

2068

Escala de ciencias. Especialidade de bioloxía

A1

2069

Escala de ciencias. Especialidade de química

A1

206K

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos

A1

206L

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas

A1

206M

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos

A1

2072

Escala de arqueólogos

A1

2086

Escala superior de finanzas

A1

2093-01

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en lexislación marítima

A1

2093-02

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos de cultivo acuícola

A1

2093-03

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en navegación marítima

A1

2093-04

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en pesca marítima/bioloxía pesqueira

A1

2093-05

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en inglés marítimo

A1

2093-07

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en intervencións subacuáticas e hiperbáricas

A1

2093-08

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en comunicacións

A1

2093-09

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e instalacións mariñas

A1

2093-10

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en procesos sanitarios

A1

2093-11

Escala de profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en formación e orientación laboral

A1

210A

Escala de inspección urbanística

A2

2051

Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

A2

2052

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica forestal

A2

205F

Escala técnica de finanzas

A2

205H

Escala de xestión de sistemas de informática

A2

206I

Escala de inspección turística

A2

206N

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de arquivos

A2

206P

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de bibliotecas

A2

206Q

Escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos. Especialidade de museos

A2

2073

Escala de arquitectos técnicos

A2

2074

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas

A2

2075

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica industrial

A2

2076

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de topografía

A2

2077

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica agrícola

A2

2094-01

Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en traballos técnicos de mergullo

A2

2094-02

Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en máquinas e produción

A2

2094-03

Escala de mestres de taller de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros. Especialidade en servizos ao buque

A2

2097

Escala de axentes de extensión pesqueira

A2

210B

Escala de subinspección urbanística

C1

2053

Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

C1

205I

Escala técnica auxiliar de informática

C1

207C-02

Escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia

C1

207H

Escala de axentes facultativos ambientais (a extinguir)

C1

207V

Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade Patrón

C1

207W

Escala operativa do Servizo de Gardacostas de Galicia. Especialidade Mecánico

C1

2081

Escala de delineantes (a extinguir)

C2

2059

Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

2055

Agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

ANEXO II

Grupos e categorías (persoal laboral)

Grupo

Categoría

Denominación

I

004

Titulado/a superior

I

006

Titulado/a superior psicólogo/a

I

011

Titulado/a superior pedagogo/a

I

018

Licenciado/a informático/a (antigo/a técnico/a de sistemas e analista titulado/a superior)

I

019

Titulado/a superior especialista. Titulado/a superior farmacéutico/a

I

029

Xefe/a departamento persoal e xestión económico-administrativa do IGAEM

I

030

Relacións públicas do IGAEM

I

031

Titulado/a superior de formación ocupacional

II

001

Director/a-administrador/a. Director/a de centro social. Director/a casa da xuventude. Subdirector/a residencia xuvenil. Preceptor/a residencia. Director/a centro. Xefe/a do servizo administrativo do IGAEM. Secretario/a de residencia. Director/a de cociña de irmandade. Director/a de clínica deportiva

II

005

Profesor/a. Profesor/a titular. Profesor/a EXB. Mestre/a. Profesor/a de educación física. Profesor/a de matemáticas

II

006

Educador/a. Profesor/a especial

II

007

Titulados/as grao medio

II

008

Director/a de gardaría infantil

II

011

Fisioterapeuta

II

017

Asistente/a social

II

020

Terapeuta ocupacional

II

021

Monitor/a ocupacional

II

027

Técnico/a superior diplomado/a en informática (antigo analista de aplicacións (titulado medio) e antigo analista programador/a (titulado/a medio)

II

037

Titulado/a medio/a formación ocupacional

II

040

Mestre/a especialista en educación infantil

III

002

Encargado/a administrativo/a. Xefe/a de negociado. Xefe/a administración. Xefe/a 2ª administración. Administrador/a. Secretario/a-administrador/a residencia xuvenil. Administrador/a de produción de centros. Secretario/a de dirección do IGAEM. Axudante/a de dirección e difusión da música. Axudante/a de dirección e difusión do CDG

III

004

Gobernante/a. Gobernante/a servizos domésticos. Encargado/a lavadoiro, roupeiro, ferro de pasar

III

005

Intendente. Encargado/a de establecemento. Encargado/a de almacén

III

006

Xefe/a de servizos técnicos. Encargado/a de mantemento. Conservador/a de edificios. Encargado/a oficios varios mantemento. Xefe/a de taller. Encargado/a de traballos. Especialista de oficios

III

012

Mestre/a de taller

III

014

Xefe/a de cociña

III

017

Analista de laboratorio

III

018

Marcador/a de metais preciosos

III

023

Celador/a de estradas. Capataz de brigada

III

030

Programador/a

III

034

Especialista de oficios (debuxante)

III

036

Experto/a audiovisuais

III

039

Rexedor/a de escena

III

040

Axudante/a de produción

III

045

Técnico/a de luces

III

049

Axente auxiliar inspección transportes

III

050

Técnico/a especialista xardín de infancia

III

052

Tradutor/a. Intérprete da Administración de xustiza

III

060

Auxiliar técnico/a de obra. Auxiliar técnico/a obra TIE

III

063

Oficial/a 1ª condutor/a. Condutores/as 1ª. Condutores/as altos cargos. Condutor/a mecánico/a

III

064

Oficial/a 1ª tractorista. Tractorista. Operador/a maquinaria pesada

III

065

Oficial/a 1ª cociña. Oficial 1ª cociñeiro/a. Xefe/a cociña. Cociñeiro/a 1ª

III

066

Axudante/a taller. Adxunto/a taller

III

069

Oficial/a servizos técnicos. Oficial/a 1ª mantemento. Oficial/a 1ª oficios varios. Oficial/a de primeira

III

078

Subgobernante/a

III

090

Animador/a sociocultural

III

097

Auxiliar de son

III

098

Auxiliar de luces

III

101

Proxeccionista

III

102

Encadernador/a

III

103

Entrevistador/a-enquisador/a

IV

001

Auxiliar gravación. Oficial/a 2ª linotipista. Auxiliar administrativo/a. Oficial/a 2ª administrativo/a. Técnico/a auxiliar en informática. Operador/a máquina elemental. Auxiliar

IV

002

Auxiliar mecánico/a. Oficial/a 2ª mecánico/a. Mecánico/a reparación obras

IV

004

Auxiliar fogar. Coidador/a auxiliar. Auxiliar coidador/a. Auxiliar de internado

IV

005

Oficial/a 2ª cociña. Cociñeiro/a oficial 2ª

IV

006

Axudante/a servizos técnicos. Oficial/a 2ª mantemento

IV

007

Garda xuramentado/a fluvial. Garda explotación

IV

011

Auxiliar de laboratorio

IV

016

Condutor/a

IV

017

Almaceneiro/a. Despenseiro/a

IV

020

Conserxe (cando teñan ao seu cargo persoal subalterno ou ordenanza)

IV

022

Oficial/a 2ª en reprografía

IV

028

Auxiliar produción-dirección

IV

030

Auxiliar formación ocupacional

IV

031

Legoeiro/a

IV

034

Axudante/a restauración e proxección cinematográfica

IV

035

Auxiliar de arquivos e bibliotecas

IV

036

Auxiliar de museos

IV

039

Auxiliar de autopsia

V

001

Camareiro/a-limpador/a. Axudante cociña. Pasador/a de ferro-lavandeiro/a. Costureiro/a. Cortador/a. Pasador/a de ferro/a. Lavandeiro/a

V

002

Axudante/a traballos ou oficios. Axudante/a albanel. Peón/oa especializado/a. Fontaneiro/a. Axudante/a. Hortelá/n. Axudante/a traballos. Encargado/a xardín

V

003-01

Ordenanza. Celador/a. Vixilante oficinas. Vixilante nocturno/a. Vixilante. Subalterno/a. Porteiro/a. Recepcionista. Telefonista. Sereno/a. Garda. Garda xuramentado

V

003-02

Resolución do 26 de xuño de 2018 (DOG núm. 122, do 27 de xuño). Ordenanza. Celador/a. Vixilante oficinas. Vixilante nocturno/a. Vixilante. Subalterno/a. Porteiro/a. Recepcionista. Telefonista. Sereno/a. Garda. Garda xuramentado

V

008

Peón/oa agrario/a

V

009

Celador/a de segunda. Vixilante de recursos naturais

V

10D

Socorrista

V

10E

Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos

V

10F

Peón/oa forestal

V

011

Limpador/a. Fregador/a. Empregado/a comedor. Empregado/a cociña-pinche. Servizo doméstico. Mozo/a de limpeza. Pinche de cociña. Persoal de servizos xerais

V

012

Peón/oa. Laborante. Varredor/a. Mozo/a servizos. Mozo/a laboratorio. Mozo/a. Pastor/a. Xardineiro/a. Mozo/a transportes. Peón/oa xardineiro/a/EFU. Mozo/a mantemento. Mozo/a subalterno

Grupos e categorías do persoal laboral dos servizos de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais

Grupo

Categoría

Denominación

I

038

Técnico/a superior defensa contra incendios forestais

II

039

Técnico/a forestal defensa contra incendios forestais

III

100

Bombeiro/a forestal xefe/a de brigada

IV

032

Operador/a codificador/a de datos de defensa contra incendios forestais

IV

033

Bombeiro/a forestal condutor/a de motobomba

IV

037

Oficial/a 2ª mecánico máquinas defensa contra incendios forestais

V

10A

Vixilante móbil de defensa contra incendios forestais

V

10B

Vixilante fixo/a de defensa contra incendios forestais

V

10C

Emisorista de defensa contra incendios forestais. Escoita incendios

V

014

Bombeiro/a forestal

V

14A

Bombeiro/a forestal condutor/a