Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 260 Martes, 29 de decembro de 2020 Páx. 50816

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de proceso selectivo para cubrir unha praza de arquitecto/a técnico/a-enxeñeiro/a técnico/a.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 202, do 26 de novembro de 2020, publícanse as bases que regulan a convocatoria para cubrir a praza de funcionario/a do Concello de Carballo que a seguir se indica:

Unha praza de arquitecto/a técnico/a-enxeñeiro/a técnico/a pertencente á escala de administración especial, subescala técnica, clase de técnicos medios, incluída na oferta de emprego público do Concello de Carballo para 2020.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados a partir do seguinte ao da inserción desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse na forma prevista nas propias bases da convocatoria.

Carballo, 1 de decembro de 2020

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde