Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 261 Mércores, 30 de decembro de 2020 Páx. 51123

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Electro Brandeso, S. Coop. Galega en liquidación

ANUNCIO da aprobación do balance de liquidación final e proposta de adxudicación do activo.

Electro Brandeso, Soc. Cooperativa Galega (en liquidación), con CIF F-15.058.225, comunica que na asemblea xeral extraordinaria que tivo lugar o día 6 de novembro de 2020, en cumprimento de todos os requisitos legais e estatutarios, se aprobou por unanimidade o seguinte balance de liquidación final:

– Activo:

Tesouraría: 18.294,13.

Facenda pública debedora (IVE 2020 pendente de devolución): 610,05.

– Pasivo:

Capital e reservas: 17.561,02.

Fondo de Formación e Promoción: 1.343,16.

Así como a seguinte proposta de adxudicación do activo:

• Reintegro do Fondo de Formación e Promoción Cooperativa ao Consello Galego de Cooperativas: 1.343,16 €.

• Reintegro aos trece (13) socios en partes iguais das entregas efectuadas ao capital social polo seu valor nominal, tanto voluntarias como obrigatorias, que, unha vez deducidas as perdas de exercicios anteriores, suman un importe de 17.561,02 euros.

Arzúa, 1 de decembro de 2020

Enrique González Sánchez
Josefa Vázquez González
Ignacio Torres Souto
Os liquidadores