Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 261 Mércores, 30 de decembro de 2020 Páx. 51120

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da oferta de emprego público do ano 2020.

Con data do 23 de decembro de 2020, a Xunta de Goberno local, en sesión ordinaria, adoptou o seguinte acordo de aprobación da oferta de emprego público 2020 (exp. 35213):

«Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público do Concello de Vigo para o ano 2020, integrada polas seguintes prazas vacantes:

PRAZA

QUENDA

(turno libre/promoción interna)

TIPO DE VÍNCULO XURÍDICO (funcionarios de carreira/persoal laboral fixo)

NÚMERO DE PRAZAS OFERTADAS

OBSERVACIÓNS

ADMINISTRATIVO/A ADMINISTRACIÓN XERAL

2 LIBRE

3 PROMOCIÓN INTERNA

FUNCIONARIO/A DE CARREIRA

5

Unha das reservadas pola quenda de promoción interna resérvase para persoas con discapacidade.

AUXILIAR ADMÓN. XERAL

LIBRE

FUNCIONARIO DE CARREIRA

7

Tres delas reservadas para persoas con discapacidade

SUBALTERNO

LIBRE

FUNCIONARIO DE CARREIRA

4

ENXEÑEIRO/A MONTES

LIBRE

FUNCIONARIO DE CARREIRA

1

DIPLOMADO/A TRABALLO SOCIAL

LIBRE

FUNCIONARIO DE CARREIRA

1

TÉCNICO/A MEDIO SERVIZOS ECONÓMICOS

1 LIBRE

1 PROMOCIÓN INTERNA

FUNCIONARIO DE CARREIRA

2

ANALISTA INFORMÁTICA

LIBRE

FUNCIONARIO DE CARREIRA

1

INSPECTOR/A CONTROL CONCESIONARIAS

PROMOCIÓN INTERNA

FUNCIONARIO DE CARREIRA

1

INSPECTOR/A POLICÍA

PROMOCIÓN INTERNA

FUNCIONARIO DE CARREIRA

6

Unha delas corresponde á taxa adicional por xubilacións

OFICIAL POLICÍA

PROMOCIÓN INTERNA

FUNCIONARIO DE CARREIRA

11

Dúas delas corresponden a taxa adicional por xubilacións

POLICÍA

LIBRE

FUNCIONARIO DE CARREIRA

24

Catorce delas corresponden á taxa adicional por xubilacións

BOMBEIRO/A

LIBRE

FUNCIONARIO DE CARREIRA

7

CONDUTOR-BOMBEIRO

LIBRE

FUNCIONARIO DE CARREIRA

2

OFICIAL OFICIOS

LIBRE

PERSOAL LABORAL

8

2 oficial. instalacións municipais, 1 oficial desinfector/a, 1 oficial ferreiro/a, 1 oficial pavimentador/a, 1 oficial albanel e 2 oficiais coidadores zoo.

AXUDANTE OFICIOS

LIBRE

PERSOAL LABORAL

5

Dúas delas reservadas para persoas con discapacidade intelectual.

TOTAL PRAZAS OEP 2020

85

Das 85 prazas, (49 ofértanse pola quenda libre, 19 por promoción interna e, 17 pola taxa adicional do corpo da Policía local), 6 delas se reservan para persoas con discapacidade, dúas das cales para persoas que acrediten unha discapacidade intelectual

(7 % das 85 prazas convocadas)

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 59 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto básico do empregado público (TREBEP) resérvase un total de 6 prazas para persoas con discapacidade, dúas delas para seren cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual e as restantes para persoas que acrediten calquera outro tipo de discapacidade».

Vigo, 23 de decembro de 2020

O alcalde
P.D. (Decretos do 18.6.2019, 26.6.2019 e 2.9.2019
e acordos da Xunta de Goberno local do 20.6.2019, 4.7.2019 e 5.9.2019)
Elena Espinosa Mangana
Tenente de alcalde e concelleira delegada da Área de Empresa,
Economía, Seguridade e Organización Municipal