Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 261 Mércores, 30 de decembro de 2020 Páx. 51113

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2020.

A Alcaldía do Concello do Barco de Valdeorras, mediante a Resolución do 21 de decembro de 2020, aprobou a oferta de emprego público desta administración para o ano 2020, que é a seguinte:

A. Funcionarios de carreira:

A.1. Funcionarios de administración xeral:

– 1 praza de funcionario de carreira, escala de administración xeral, subescala auxiliar (1 praza), que se atopa integrada no grupo C, subgrupo C2.

O prazo máximo para a convocatoria dos procesos selectivos será o 31 de maio de 2021, o prazo de remate do proceso selectivo prevese o 31 de xaneiro de 2022 e a selección realizarase mediante oposición en quenda libre.

– 1 praza de funcionario de carreira, escala de administración xeral, subescala administrativa (1 praza), que se atopa integrada no grupo C, subgrupo C1.

O prazo máximo para a convocatoria dos procesos selectivos será o 31 de maio de 2021, o prazo de remate do proceso selectivo prevese o 31 de xaneiro de 2022 e a selección realizarase mediante oposición en quenda libre.

A.2. Funcionarios do corpo de Policía local:

– 2 prazas de funcionario de carreira, escala básica, categoría policía, denominación policía local, integradas no grupo C, subgrupo C1.

O prazo máximo para a convocatoria será o 31 de decembro do 2021. A selección realizarase para unha das prazas mediante concurso en quenda de mobilidade e outra mediante oposición en quenda libre, o prazo de remate do proceso selectivo prevese o 31 de setembro de 2022.

– 1 praza de funcionario de carreira, escala executiva, categoría inspector, integrada no grupo A, subgrupo A2, por promoción interna, mediante concurso oposición, entre o persoal do corpo de Policía local do Concello do Barco de Valdeorras que teña un mínimo de tres anos de antigüidade na categoría de oficial e posúa a titulación académica de acceso á categoría.

Persoal laboral:

– 1 praza de persoal laboral fixo, director da Escola Infantil Municipal, a selección realizarase en quenda libre e mediante concurso oposición.

Establécese o concurso oposición ao considerar que resulta unha vantaxe para esta administración, debido á natureza das funcións que vai desenvolver na praza, que o aspirante que resulte seleccionado teña experiencia e/ou coñecementos previos no desenvolvemento das funcións encomendadas.

O Barco de Valdeorras, 21 de decembro de 2020

Alfredo L. García Rodríguez
Alcalde