Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 262 Xoves, 31 de decembro de 2020 Páx. 51371

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2020 pola que se aproba o documento de modificación da delimitación dos espazos e dos usos portuarios do porto de Santo Tomé-Tragove (Cambados, Pontevedra).

A Área de Explotación e Planificación Portuaria da entidade pública empresarial Portos de Galicia redactou o documento de modificación da delimitación dos espazos e dos usos portuarios (DEUP) do porto de Santo Tomé-Tragove, instalacións portuarias situadas no termo municipal de Cambados, na provincia de Pontevedra, e adscritas á entidade pública para a súa xestión.

Este documento foi redactado e tramitado de acordo co disposto nos artigos 52 e 53 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 236, do 14 de decembro).

Na reunión do Consello Reitor de Portos de Galicia que tivo lugar o día 18 de novembro de 2020, este acordou dar a súa conformidade á proposta de modificación da DEUP do porto de Santo Tomé-Tragove, así como elevala e propoñela para a súa aprobación a través da Consellería do Mar.

Unha vez visto o informe sobre o trámite da proposta de modificación da DEUP da xefa da Área de Explotación e Planificación Portuaria de Portos de Galicia, do 16.11.2020, que conta coa conformidade do director da entidade pública empresarial, así como o acordo do seu consello reitor do 18.11.2020, dando a conformidade á proposta da modificación da DEUP do porto de Santo Tomé-Tragove e elevándoa e propoñéndoa para a súa aprobación, a Presidencia da entidade pública empresarial Portos de Galicia, por delegación da conselleira do Mar conferida pola Orde do 30 de marzo de 2012,

RESOLVE:

Aprobar o documento de modificación da delimitación dos espazos e dos usos portuarios do porto de Santo Tomé-Tragove (Cambados, Pontevedra), na súa última versión redactada polos servizos técnicos da dita área, asinada en agosto de 2020 polos enxeñeiros de camiños, canais e portos da entidade pública empresarial Andrés D. Cervantes Refojos, xefe do Departamento de Planificación Portuaria, e por Ana Isabel Calzadilla Bouzón, xefa da Área de Explotación e Planificación Portuaria.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia