Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 262 Xoves, 31 de decembro de 2020 Páx. 51366

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 15 de decembro 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se empraza un propietario da zona de concentración parcelaria de Vilarmaior-Barbeiros (Ordes-A Coruña), para ser notificado por comparecencia dunha modificación do acordo de concentración da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), un propietario da zona de concentración parcelaria de Vilarmaior-Barbeiros (Ordes-A Coruña) que figura no anexo, para ser notificado por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración que o afecta.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente poderá solicitar cita previa nas dependencias deste servizo, chamando ao teléfono 981 18 46 43, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 15 de decembro de 2020

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Persoa interesada

Acto notificado

Zona de concentración parcelaria

33197052W

Resolución de modificación de acordo

Vilarmaior-Barbeiros (Ordes-A Coruña)