O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que se deberán facer necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.
O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.
Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta da Federación Galega de Confrarías,
DISPOÑO:
O nomeamento de Javier Sánchez Fernández como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao en representación do sector pesqueiro.
Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2020
Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar