Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 262 Xoves, 31 de decembro de 2020 Páx. 51355

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 14 de decembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 328/2020 fronte o Acordo do 11 de marzo de 2020 do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para ingresar no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría tecnica forestal, convocado pola Orde do 22 de maio de 2018, pola que se fan públicas as puntuacións e o resultado das alegacións á segunda proba (Diario Oficial de Galicia número 55, do 20 de marzo).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 328/2020, fronte o Acordo do 11 de marzo de 2020 do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para ingresar no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría tecnica forestal, convocado pola Orde do 22 de maio de 2018 pola que se fan públicas as puntuacións e o resultado das alegacións á segunda proba (DOG núm. 55, do 20 de marzo).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos á referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública