Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 262 Xoves, 31 de decembro de 2020 Páx. 51357

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 15 de decembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PA 428/2020 fronte a Orde do 4 de novembro de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 017 do grupo II, asistenta/e social, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 213, do 8 de novembro) e fronte a Orde do 4 de novembro de 2019 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade traballo social, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2 (Diario Oficial de Galicia número 213, do 8 de novembro).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PA 428/2020, fronte a Orde do 4 de novembro de 2019 pola que se convoca o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 017 do grupo II, asistenta/e social, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia (DOG núm. 213, do 8 de novembro) e fronte a Orde do 4 de novembro de 2019 pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade traballo social, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2 (DOG núm. 213, do 8 de novembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos ao referido xulgado no prazo de nove días, contados dende o seguinte a o da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública