Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Luns, 4 de xaneiro de 2021 Páx. 50

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

ANUNCIO polo que se convoca o proceso selectivo para unha praza de persoal (referencia FF4EUROHPC-20-TSP1).

Praza: un/unha (1) técnico/a superior de proxecto (ref.: FF4EUROHPC-20-TSP1).

Proxecto que se vai desenvolver: FF4EuroHPC: HPC Innovation for European SMES.

Modalidade contractual: contrato temporal, a xornada completa, na modalidade de obra ou servizo determinado, regulado polo disposto no artigo 15.1.a) do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

As bases do proceso selectivo están expostas na sede da Fundación Cesga (edificio Cesga, avenida de Vigo s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web: https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia deste proceso selectivo faranse públicas na páxina web da Fundación Cesga.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2020

Mauro Fernández Dabouza
Director xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia