Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2021 Páx. 200

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 2 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños número 131, situado na zona marítimo-terrestre do Carril, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Mediante este anuncio faise público que pola Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar, do 1 de decembro de 2020, se autorizou a transmisión da titularidade do establecemento de acuicultura que se describe:

Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.

Identificación e localización: parcela número 131 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 146,59 m2.

Data da Resolución do outorgamento: 1.7.2019 (DOG núm. 131, do 11 de xullo).

Remate da vixencia: 12.7.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: mortis causa.

Antiga titular: Olga Pereira Mollinedo.

Novos titulares: Noemí Rey Pereira (***6400**), Antonio María Rey Pereira (***6400**) e Alberto Manuel Rey Pereira (***2357**).

Os novos titulares subróganse no prazo, nos dereitos e nas obrigas da anterior.

Vigo, 2 de decembro de 2020

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo