Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2021 Páx. 186

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 9 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada á Cooperativa Agroganadera de Seoane, S.L. para unha explotación porcina de recría nos Chaos-Valilongo, no concello de Montederramo (Ourense) (expediente 2019-IPPC-M-80).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, sométese á información pública, durante un período de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o documento titulado Memoria para a revisión de AAI da explotación de porcino. Valilongo (Montederramo), para que calquera persoa interesada poida consultalo e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

Os documentos estarán á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa de San Lázaro s/n, Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2020

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2019-IPPC-M-80.

Núm. da autorización ambiental integrada: 2007/0072_NAA/IPPC_193.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.3.b do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro

Titular: Cooperativa Agroganadera de Seoane, S.L.

NIF: B32147001.

Localización da instalación: Os Chaos-Valilongo (Abeledos), s/n, 32790 Montederramo (Ourense). Referencia catastral da parcela: 32050A103000020000TJ.

Actividade principal: explotación porcina de recría.

Descrición: actualmente a explotación está formada por 9 naves operativas, con capacidade para 5.142 prazas para porcos de recría.

Os animais chegan á explotación con dous meses de vida e están nas instalacións uns catro meses e medio ata que as porcas son seleccionadas para enviar a explotacións de nais en produción e os porcos son enviados ao matadoiro.

A totalidade do xurro producido na explotación será valorizado en parcelas agrícolas. A explotación conta cunha fosa exterior de formigón armado e cuberta e unha balsa de polipropileno cuberta para o almacenamento dos xurros, ademais de fosas interiores nas naves de produción.

Verteduras: actualmente as augas de limpeza das instalacións e as augas xeradas nos aseos e vestiarios da explotación son enviadas xunto cos xurros producidos na explotación á fosa de almacenamento de xurro correspondente para a súa posterior xestión conxunta. As augas residuais xeradas na vivenda son conducidas a unha fosa estanca. As augas pluviais son vertidas directamente ao terreo.