Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Martes, 5 de xaneiro de 2021 Páx. 126

III. Outras disposicións

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2020 pola que se aproban e se fan públicas as relacións provisionais de admitidos e excluídos nas probas para a renovación da habilitación do persoal de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (código de procedemento PR473A).

De conformidade co establecido na Orde do 21 de abril de 2010 pola que se aproban as bases xerais das probas para a obtención da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listas provisionais de admitidos e excluídos ás probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas, convocadas pola Resolución do 26 de outubro de 2020 pola que se convocan as probas para a renovación da habilitación do persoal de control de acceso a espectáculos públicos e actividades recreativas (DOG núm. 225, do 6 de novembro).

A listaxe provisional de aspirantes admitidos poderá consultarse a través da páxina web oficial da Academia Galega de Seguridade Pública, http://agasp.xunta.gal.

A listaxe provisional de aspirantes excluídos, con indicación de causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

Os aspirantes excluídos dispoñerán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, para emendar o defecto que motivou a exclusión.

Os aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos motivo de exclusión serán excluídos definitivamente.

Así mesmo, os aspirantes que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos dispoñerán do mesmo prazo co obxecto de formular reclamación.

A Estrada, 23 de decembro de 2020

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO

Apelidos

Nome

Causa de exclusión

Carvalho Gonçalves Tulula

Antonio Joao

2

Martínez López

Óscar

2

Torres González

Miguel Ángel

1

Código

Descrición

1

Debe presentar documentación acreditativa de efectuar o pagamento da taxa ou certificado do Servizo de Emprego de estar exento como demandante de emprego

2

Debe solicitar o certificado de antecedentes penais de maneira presencial