No Boletín Oficial da provincia de Lugo nº 283, do 10 de decembro de 2020, procedeuse á publicación das bases que rexerán a convocatoria pública para prover unha praza de técnico/a de xestión, administración xeral, subgrupo A2, mediante o sistema de concurso-oposición, por promoción interna.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
Chantada, 11 de decembro de 2020
Manuel L. Varela Rodríguez
Alcalde