Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 8 de xaneiro de 2021 Páx. 652

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO de notificación de sentenza (104/2020).

Na presente peza de apelación civil nº 104/2020, dimanante do procedemento ordinario nº 380/18 do Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra, seguido por instancia de Rexel Spain, S.L. contra Francisco José Bernaárdez González, foi pronunciada a sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«A Sección Primeira de la Audiencia Provincial de Pontevedra, composta polos maxistrados:

Francisco Javier Menéndez Estébanez, presidente

Manuel Almenar Belenguer

Jacinto José Pérez Benítez

Pronunciou en nome do rei a seguinte sentenza núm. 276/20

Pontevedra, un de xuño de dous mil vinte.

Visto en grao de apelación ante esta Sección Primeira, de de la Audiencia Provincial de Pontevedra, os autos de procedemento ordinario 380/2018, procedentes do Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra, aos cales correspondeu a peza de recurso de apelación (LECN) 104/2020 e nos cales aparece como parte apelante-demandante Rexel Spain, S.L., representado pola procuradora dos tribunais, María del Amor Angulo Gascón, asistido pola avogada Marta Llamas Navarro, e como parte apelada-demandada, Francisco José Bernárdez González, sendo relator Jacinto José Pérez Benítez, quen expresa o parecer desta sala.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos.

Decido:

Que estimamos o recurso de apelación presentado pola representación procesual de Rexel Spain, S.L., contra a sentenza ditada polo Xulgado do Mercantil número 2 de Pontevedra, no xuízo ordinario rexistrado baixo o número 380/2018, resolución que revogamos e, no seu lugar, condenamos o demandado, Franciso José Bernárdez González a aboar á demandante a cantidade de 15.140,83 euros, así como ao pagamento das sumas que se produzan en concepto de custas e xuros nos procesos declarativos e de execución seguidos ante o Xulgado de Cangas número 1, co número JVB 154/2012, e o seu ETX 113/2013, e do Xulgado de Cangas número 2, co número ORD 46/2011, e ETX 172/2012. Condenamos o demandado a soportar as custas producidas durante a primeira instancia. Procédase á restitución do depósito constituído.

Seguen as rúbricas. Certifico».

E encontrándose o devandito demandado Francisco José Bernárdez González, en paradoiro descoñecido, e para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, expídese este edicto a fin que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 13 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza