Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 4 Venres, 8 de xaneiro de 2021 Páx. 695

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle para reaxustar aliñacións no Camiño do Regueiro (expediente 2020/LI002/000001).

A Xunta de Goberno Local, en sesión do 26 de novembro de 2020, acordou aprobar inicialmente o estudo de detalle para reaxustar as aliñacións no Camiño do Regueiro, redactado por Alfredo Garrote Pazos e asinado o 23.9.2020.

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e dos artigos 194.2 e 207 do Decreto 143/2016, o expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no taboleiro municipal, no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que as persoas interesadas podan consultalo e presentar, se for o caso, as alegacións, suxestións ou os documentos que coiden oportunos.

A documentación do estudo de detalle poderá consultarse no Departamento de Urbanismo mediante cita previa en horario das 9.00 ás 14.00 ou na sede electrónica do Concello, no enderezo https://sede.fene.gal/opencms/gl/informacion/.

Fene, 2 de decembro de 2020

Juventino José Trigo Rey
Alcalde