Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2021 Páx. 1123

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 9 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental da ampliación dunha granxa de porcos no concello de Lousame.

Conforme o disposto no artigo 29 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro) faise público que, por espazo de 30 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, estará a disposición do público a documentación presentada pola Granxa Xestoso, S.L. para solicitar a autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental da ampliación citada no encabezamento, co fin de que calquera persoa interesada poida consultalos e, de ser o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide convenientes. A documentación poderá consultarse:

– Na Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela) en horario de atención ao público.

– Na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (https://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade >>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2020

María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade
e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Titular: Granxa Xestoso, S.L.

CIF: B-15494826.

Domicilio social: lugar de Xestoso, Vilacova, 15214 Lousame (A Coruña).

Localización da instalación: Lugar de Xestoso, Vilacova, 15214 Lousame (A Coruña).

Actividade: cría intensiva de porcos de ceba.

Epígrafe de actividade (autorización ambiental integrada): anexo I, 9.3.b.

Categoría de proxecto (avaliación de impacto ambiental): anexo I, grupo 1, a, 3º.

Descrición da actividade: explotación porcina de ceba cunha capacidade máxima actual de 2.028 prazas e que se pretende ampliar ata as 4.288 prazas. Actualmente, a explotación conta con tres naves en funcionamento e proxéctase acondicionar unha nave e adaptar ou modificar outras dúas xa existentes (empregadas como sala de partos e nave de xestación) para lograr así a ampliación de prazas prevista.

Verteduras: as augas residuais sanitarias e as de limpeza da instalación son xestionadas de forma conxunta co xurro. Na actualidade, existe unha fosa de xurro cuberta e outra descuberta (fóra de servizo). Coa modificación prevista, cubrirase esta fosa existente e instalarase unha nova pechada e estanca para poder atender as necesidades de almacenamento da granxa.