Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2021 Páx. 1115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición das autorizacións administrativas previa e de construción e da declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Carballiño (expediente IN407A 2020/60-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública as peticións de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción, e da declaración de utilidade pública, en concreto, que segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.

Denominación: regulamentación LMTA ALB803-apoio nº D38-14-3.

Situación: concello do Carballiño.

Características técnicas: substitución na LMTA ALB803, por deterioración, do apoio nº D38-14-3 tipo HV-13/630-CR1 por apoio de celosía metálico tipo C-14/1000-H35, con retensado dos vans afectados en condutor tipo LA-30.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións dirixidas a esta xefatura territorial, rúa Curros Enríquez nº 1, 4º, 32071 Ourense, no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta nesta xefatura territorial e no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Ourense, 11 de decembro de 2020

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e de dereitos afectados

Nº de expediente: IN407A 2020/60-3.

Termo municipal: O Carballiño.

Denominación da instalación: regulamentación LMTA ALB803-apoio nº D38-14-3.

Parcela nº: 1.

Lugar: Regas.

Referencia catastral: 32020A051009060000RO.

Titular: CMVMC Ceibo de Verín.

Enderezo: descoñecido.

Afección: 2 m² de ocupación para o apoio D38-14-3.