Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2021 Páx. 1105

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 904/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Gerardo Arca Pereira contra Informática, Telecomunicaciones y Seguridad Santiago, S.L. e Fogasa, en reclamación por cantidade, rexistrado co número de procedemento ordinario 904/2018, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social, citar a Informática, Telecomunicaciones y Seguridad Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 29 de xaneiro de 2021, ás 12.45 horas, na planta baixa, sala 1, do edificio da rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese á destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación a Informática, Telecomunicaciones y Seguridad Santiago, S.L., expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza