Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 5 Luns, 11 de xaneiro de 2021 Páx. 991

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2020 pola que se publica o Plan de formación para o ano 2021.

A formación do persoal empregado público da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico correspóndelle á Escola Galega de Administración Pública (en diante EGAP) de acordo co que se establece no artigo 3 da súa lei de creación (Lei 4/1987, do 27 de maio), onde se estende a dita función ao persoal doutras administracións públicas, coa excepción do persoal docente e sanitario.

O Plan de formación continua da EGAP recolle as actividades formativas dirixidas ao persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, ao persoal das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional, ao persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia, ao persoal ao servizo das entidades locais de Galicia e ao persoal de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (UDC, USC e UVigo).

En tal sentido, os plans formativos para os empregados públicos deseñados pola EGAP obedecen ao convencemento de que a consolidación dunha Administración de calidade, eficaz e eficiente pasa inevitablemente por contar cun persoal ben formado. En consecuencia, desde o ano 2015 os plans de formación da EGAP diríxense a todos os colectivos de empregados públicos, tras unha incorporación gradual que culminou coa adhesión do persoal de administración e servizos das universidades galegas como destinatario da dita docencia. Así, o plan quere ser un instrumento que permita a actualización de coñecementos e competencias profesionais e que incorpore aquelas novidades lexislativas e de funcionamento das administracións e, a tal efecto, integra as accións estratéxicas para a formación e a actualización profesional do persoal ao servizo do dito sector público, a través dunha oferta coa que mellorar a súa cualificación e capacitación profesional.

Para elaborar o plan tivéronse en conta as necesidades formativas dos diversos organismos: as distintas consellerías da Xunta de Galicia, a Dirección Xeral de Xustiza e a Dirección Xeral de Administración Local, así como tamén das tres universidades do Sistema universitario de Galicia. Ademais, colaboraron as persoas responsables de coordinar a formación en cada un dos centros directivos, e tamén as organizacións sindicais, docentes e persoas expertas nos distintos ámbitos formativos. Incorporáronse tamén as achegas do propio persoal destinatario da formación, o cal, a través das súas valoracións e suxestións, desempeña unha importante labor á hora de facer do plan un verdadeiro instrumento para a mellora continua do sector público de Galicia. Así mesmo, na súa configuración, foron tidos en conta a demanda real rexistrada nos cursos e tamén os resultados da avaliación das actividades desenvoltas nos anos anteriores, co propósito de sustentar o seu deseño nunha sólida base de coñecemento acerca dos niveis de satisfacción do alumnado coas actividades realizadas nas distintas modalidades formativas.

Procede facer mención de que á hora de elaborar o novo Plan formativo tívose en conta a especial situación derivada da pandemia provocada pola COVID-19. Debido ás novas circunstancias, ao longo do ano 2020 convertéronse varias actividades formativas presenciais ao formato de teleformación e telepresenza, impulsando, con éxito, esta nova modalidade implantada ao longo deste ano. Seguindo esta senda, o Plan de formación para o ano 2021 supón unha aposta polas diferentes contornas de aprendizaxe e metodoloxías, mediante a distribución da oferta formativa nas modalidades de autoformación, teleformación e telepresenza, sen descoidar a docencia presencial, que será impartida con todas as garantías hixiénicas e sanitarias derivadas da normativa vixente. Deste xeito, a EGAP, afondando nunha acción estratéxica consolidada nestes anos, continúa a potenciar o seu espazo virtual de coñecemento, cunha formación en liña, ampla e diversificada, mediante a cal o alumnado poida xestionar o seu proceso de aprendizaxe. A aposta polas modalidades de formación non presencial garante a proximidade, a equidade no acceso aos contidos máis demandados e a conciliación da vida laboral e familiar.

Por outra parte, na definición dos contidos que integran o plan, e de acordo coa filosofía exposta acerca do convencemento de que garantir unha Administración de calidade pasa por contar cun persoal ao servizo das nosas administracións ben formado, o plan de formación deseñado para o ano 2021 habilita o acceso de todos e cada un dos colectivos de persoal empregado público a unha serie de módulos formativos esenciais para a súa adecuada formación, adaptados ás necesidades específicas e funcións asignadas a cada colectivo. Os ditos módulos son os seguintes:

– Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas.

– Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios.

– Comunicación, organización de traballo e mellora das habilidades.

– Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa.

– Plan de igualdade.

– Lingua galega.

– Portal de idiomas.

– Plan formativo ofimático de Galicia.

De acordo con esta estrutura, o plan integra unha oferta formativa ampla e especializada coa que se lle pretende dar unha resposta satisfactoria ás necesidades reais de cualificación do persoal ao servizo das administracións públicas, atendendo, entre outras cousas, ás novidades lexislativas, incluíndo materias de actualidade e ofertando cursos que abordan a análise da lexislación administrativa desde unha perspectiva máis práctica.

Procede destacar como dúas das principais liñas estratéxicas do plan a potenciación, por un lado, da formación en materia de emprego público coa oferta de novos títulos que achegarán ao persoal empregado público unha perspectiva práctica e que estará orientada á adecuada xestión dos recursos humanos na administración pública e a inclusión, por outro, de títulos específicos para todos os colectivos en materia de teletraballo, tanto sobre a nova regulación deste sistema de prestación de servizos como con actividades dirixidas á mellora das habilidades de xestión do tempo, á coordinación de equipos en teletraballo e ao coñecemento das ferramentas informáticas necesarias para aquel.

Ademais, a pandemia causada pola COVID-19 xerou novas necesidades formativas relacionadas coa xestión de fondos comunitarios, de xeito que se fai necesario abordar, ademais da xestión dos fondos europeos «tradicionais», o deseño e xestión dos fondos europeos para a reactivación económica, como mecanismos de recuperación e resiliencia. Por outra parte, en materia de prevención de riscos laborais, programáronse cursos específicos dirixidos aos distintos colectivos de empregados e empregadas públicos nos que se aborda a prevención do risco de contaxio e propagación do coronavirus SARS-CoV-2 no ámbito laboral e o estudo dos protocolos hixiénico-sanitarios que se desenvolveron ao longo do ano 2020.

Outras liñas estratéxicas do Plan de formación para o ano 2021 son as relativas á formación en materia de igualdade e violencia de xénero, idiomas e os obxectivos de desenvolvemento sostible.

En efecto, este ano a EGAP segue a apostar pola formación en materia de igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero, formación que desde o ano 2020 se oferta a todos os colectivos de forma global con contidos tanto básicos como especializados, incidindo especialmente na integración da perspectiva de xénero en todos os ámbitos da xestión pública.

En canto ao portal de idiomas, en 2021 incrementarase a formación en lingua inglesa con novos títulos e un maior número de prazas dos niveis básico e intermedio en teleformación, que son os niveis máis demandados por todos os colectivos.

Estas liñas estratéxicas compleméntanse coa formación relativa aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) e a Axenda 2030 e a súa repercusión na xestión pública, fundamentalmente desde o punto de vista social e ambiental.

En definitiva, a EGAP presenta o Plan de formación para o ano 2021 como unha clara aposta polo desenvolvemento profesional das persoas ao servizo da Administración pública que redundará na mellora da calidade dos servizos prestados á cidadanía.

Finalmente, é preciso destacar que esta resolución ten carácter informativo e que a execución das accións recollidas nela queda condicionada á existencia de crédito orzamentario adecuado e suficiente e ao que se estipule en cada convocatoria. Así mesmo, debe advertirse que quedan excluídas as actividades derivadas de cursos selectivos, os cursos superiores, as actuacións en colaboración, as xornadas, conferencias, seminarios e cursos monográficos, así como as actividades doutras administracións públicas (excepto as sinaladas) e as actividades de formación do persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, do persoal sanitario, e do persoal das forzas e corpos de seguridade.

Feitas estas advertencias, resta só sinalar que para acceder ás accións formativas recollidas neste plan, será preciso formalizar a correspondente matrícula, despois de que se publiquen no Diario Oficial de Galicia as correspondentes convocatorias.

Este plan de formación foi aprobado polo Consello Reitor deste organismo autónomo en sesión do día 22 de decembro de 2020.

De acordo co exposto, publícase como anexo a esta resolución o Plan de formación para o ano 2021 do persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais e da Administración institucional (FC), do persoal ao servizo das entidades locais (LO), do persoal ao servizo da Administración de xustiza de Galicia (FX), do persoal de administración e servizos (PAS) das universidades galegas (UN), e o portal de idiomas (PI), o plan formativo ofimático de Galicia (OF), e o programa de autoformación (AF), dirixido a todos os destinatarios mencionados.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2020

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO

Cursos da Administración autonómica

Formación en materias transversais.

Título

Modalidade

Edicións

Prazas

Horas

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

A Lei 4/2019, do 17 de xullo, de Administración dixital de Galicia

Telef.

2

100

25

A Axenda 2030 para o desenvolvemento sustentable e a súa implementación nas administracións públicas

Telepres.

1

30

14

Os contratos do sector público

Telef.

2

100

30

Aplicación práctica da Lei de contratos do sector público. A integridade e bo goberno na contratación pública

Telef.

1

50

24

Deseño de pregos de cláusulas administrativas particulares. Especial referencia ás cláusulas sociais e ambientais

Presen.

1

30

15

Incorporación de cláusulas sociais e de xénero na contratación pública

Telef.

1

50

20

A axilidade na contratación pública: contratación menor e procedemento aberto simplificado

Presen.

1

30

15

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público

Telef.

2

100

25

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Telef.

3

150

25

O exercicio da competencia administrativa na Lei 40/2015, do 1 de outubro

Telef.

1

50

25

O procedemento sancionador tras a Lei 39/2015 e a Lei 40/2015, do 1 de outubro

Telef.

1

50

20

Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia

Telef.

2

100

20

A responsabilidade patrimonial da Administración pública

Telef.

1

50

30

Os convenios de colaboración: elaboración e tramitación

Telef.

1

50

20

Revisión dos actos en vía administrativa

Telef.

1

50

25

Transparencia e acceso á información pública

Presen.

1

25

18

Transparencia: acceso á información pública e publicidade activa

Telef.

1

50

25

Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia

Telef.

2

100

20

Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público

Telef.

1

50

25

A planificación e ordenación dos recursos humanos na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia: a elaboración da relación de postos de traballo (RPT)

Telef.

1

50

20

Permisos e licenzas do persoal empregado público: réxime xurídico e tramitación

Telef.

1

50

12

A selección do persoal empregado público e provisión de postos de traballo na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia

Telef.

1

50

20

Xestión de listas de contratación temporal. Novo sistema de citacións electrónicas

Telef.

1

50

20

Incompatibilidades do persoal empregado público de Galicia

Telef.

1

50

18

Réxime disciplinario do persoal empregado público de Galicia

Telef.

1

50

15

Nóminas e retribucións do persoal

Telef.

1

50

25

Prestacións da Seguridade Social e cotizacións

Telef.

1

50

30

A xurisdición contencioso-administrativa

Telef.

1

50

25

Básico de subvencións e normativa aplicable

Telef.

2

100

30

Aspectos prácticos da Lei de subvencións de Galicia e o seu regulamento

Telef.+Telepres.

1

50

25

Modificacións orzamentarias

Mixto

1

35

20

Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia

Telef.

1

50

20

Gasto público, sustentabilidade e control

Telef.

1

50

15

Legalidade das actas de inspección. A función inspectora

Telef.

1

50

25

Estrutura e composición de documentos de contido xurídico integrantes de expedientes administrativos

Telef.

1

50

20

Execución de resolucións xudiciais e as súas repercusións económicas

Telef.

1

50

20

A xestión da integridade nas institucións públicas

Telef.

1

50

20

Boas prácticas ambientais nas administracións públicas

Telef.

1

50

30

A protección do menor ante os medios de comunicación

Telef.

1

50

30

A accesibilidade universal

Telef.

1

50

25

Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social

Telef.

1

50

20

Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios

Introdución ao dereito da Unión Europea para os xestores públicos

Telef.

1

50

30

Deseño e xestión de proxectos europeos

Telef.

1

50

25

Os novos fondos europeos COVID. Mecanismo de recuperación e resiliencia: execución e control

Telef.

1

50

30

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito

Telef.

1

50

24

Competencia e dereito da Unión Europea: a defensa da competencia nos procesos de contratación pública

Telef.

1

50

25

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

Innovación e creatividade na Administración pública

Telepres.

1

30

25

Destrezas persoais e xestión do cambio en situacións de crise

Telef.

1

50

20

Marca persoal na Administración pública

Telepres.

1

35

15

Ferramentas da linguaxe xestual, corporal e oral. Técnicas de comunicación para falar en público

Presen.

1

20

15

Faite entender: a comunicación positiva e a arte de ler entre liñas

Telepres.

1

30

15

Comunicación interpersoal e asertividade. Escoita activa e empatía

Telepres.

1

35

12

Grupo versus equipo. Equipos de alto rendemento

Telepres.

1

35

12

Organización e simplificación do traballo administrativo

Telef.

2

100

12

Prevención e xestión de conflitos

Telef.

2

100

25

Diagnóstico do clima organizacional. A optimización do recurso humano

Telef.

1

50

30

Como deseñar presentacións eficaces

Telef.

1

50

20

Atención á cidadanía

Telef.

2

100

25

Técnicas elementais de arquivos

Telef.

2

100

25

A calidade da redacción administrativa. Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos

Telef.

2

100

20

Como empregar metodoloxías áxiles no meu posto de traballo

Telepres.

1

25

12

Avaliación de políticas públicas

Telef.

1

50

30

A innovación social no sector público

Telef.

1

50

20

Cambio e motivación nas organizacións

Telef.

1

50

15

Ética pública, os códigos éticos e o código ético da Xunta de Galicia

Telef.

1

50

12

Planificación e toma de decisións

Telepres.

1

25

16

O acoso psicolóxico no contorno laboral

Presen.

1

24

12

Iniciación ao protocolo

Telef.

1

50

20

Protocolo avanzado

Telef.

1

50

20

Exercicio físico saudable e estilos de vida activos

Presen.

1

20

12

Coidado da saúde: actividade física e alimentación

Presen.

1

25

16

Correo electrónico corporativo

Telef.

2

100

12

Sistema de xestión de recursos humanos da Xunta de Galicia

Telef.

1

50

20

Xestionar e coordinar equipamentos de traballo en remoto

Telepres.

1

30

15

A nova regulación do teletraballo

Mixto

4

80

10

Como mellorar a xestión do tempo no teletraballo

Telepres.

1

30

10

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

Uso avanzado de aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)

Telef.

2

100

50

Uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)

Telef.

2

100

50

Tramitación electrónica integral na Xunta de Galicia no contexto da

Lei 39/2015

Telef.+Telepres.

8

400

50

Implantación da Administración electrónica na Xunta de Galicia e relación coa cidadanía

Telef.+Telepres.

2

100

25

Implantación da Administración electrónica na Xunta de Galicia e xestión electrónica documental na tramitación administrativa

Telef.+Telepres.

2

100

25

Seguridade da información na Xunta de Galicia

Telef.

4

200

30

Introdución á protección de datos persoais.

Regulamento europeo 2016/679, de protección de datos

Telef.

6

300

30

Aspectos avanzados e implantación da normativa de protección de datos na Xunta de Galicia

Telef.

4

200

40

Esquema nacional de seguridade para responsables de servizos e da información e coordinadores de seguridade

Telef.

1

50

25

Avanzado en comunicación e colaboración dixital. Enfoque e uso creativo das tecnoloxías dixitais

Telef.

2

100

30

Sistemas para a contratación electrónica

Telef.

2

100

30

Sistema electrónico de facturación (SEF)

Telef.

1

50

20

Ferramentas para o teletraballo no sector público de Galicia

Telef.

10

500

20

Certificados electrónicos e sinatura electrónica. Uso de certificados electrónicos no contexto da Xunta de Galicia

Telef.

3

150

20

Creación e edición de arquivos dixitais con Acrobat XI Pro

Telef.

1

50

25

Autocad 2016 – Nivel básico

Telepres.

1

25

35

Autocad 2016 – Nivel avanzado

Telepres.

1

25

35

Lingua galega

Medio de linguaxe administrativa galega

Telef.

12

300

75

Superior de linguaxe administrativa galega

Telef.

9

225

75

Redacción de documentos técnico-xurídicos en galego

Telef.

2

100

15

Actualización gramatical e ortográfica da lingua galega

Telef.+Telepres.

1

50

30

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)

Formación para persoal formador TIC

Presen.

1

20

12

Secretaría Xeral para o Deporte

Programas de actividade física saudable en centros de maiores dependentes da Xunta de Galicia

Presen.

1

25

15

Seguridade nas prácticas físico-deportivas no deporte de base

Presen.

1

24

12

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

A contratación on line de servizos turísticos

Telepres.

1

30

8

Actualización en materia de tráfico e seguridade viaria

Presen.

2

30

12

Condución segura

Presen.

1

24

9

Intervención dos empregados públicos ante os órganos xudiciais

Presen.

1

30

20

O novo decreto de campamentos de turismo de Galicia

Telepres.

1

30

4

Oficina de atención á cidadanía en materia de rexistro

Telepres.

2

60

20

A pericia do traballo social no ámbito penal

Presen.

1

35

8

Intervención psicolóxica forense con persoas con discapacidade intelectual

Presen.

1

35

16

Servizo de Prevención de Riscos Laborais

Básico en prevención de riscos laborais

Telef.

2

100

50

Os primeiros auxilios

Telef.

2

100

20

Prácticas preventivas ante agresións para o persoal de atención ao público

Telef.

2

100

25

Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos

Telef.

2

100

15

Prevención de riscos laborais nas actividades agroforestais, mantemento e conservación de infraestruturas en espazos abertos

Telef.

1

50

20

Prevención de riscos laborais: primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación

Presen.

5

125

12

Prevención de riscos psicosociais: o estrés laboral

Telef.

2

100

20

Prevención de risco de contaxio e propagación do coronavirus

SARS-CoV-2 no ámbito laboral

Telef.

4

200

20

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

Área de economía

Vixilancia do mercado e etiquetaxe de alimentos

Presen.

1

30

12

Comercio electrónico: a protección das persoas consumidoras

Presen.

1

30

12

Contratos e obrigas no ámbito de consumo

Presen.

1

30

12

Consellería de Facenda e Administración pública

Xestión e control do programa operativo Feder Galicia 2014-2020: especial referencia ás políticas antifraude e avance do período 2021-2027

Presen.

1

30

25

A aplicación dos tributos. Os seus procedementos de aplicación

Telef.

1

50

20

Certificación de Feder, FSE e POEX nos sistemas de información

Telepres.

1

30

12

Introdución ás novas ferramentas de Big Data para análise de datos

Telepres.

1

25

30

Operacións cofinanciadas polos programas operativos FSE Galicia e POEX 2014-2020

Presen.

1

20

15

Imposto sobre sucesións e doazóns

Presen.

1

20

20

O Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (SILEX)

Telef.

1

50

12

Procedemento sancionador da Administración tributaria

Telef.

1

50

20

Procedemento revisor da Administración tributaria

Telef.

1

50

20

Nova aplicación de axuda á liquidación do imposto de sucesións (ALISe)

Telepres.

1

20

15

Aproveitamento da información estatística dispoñible no IGE. Introdución ao software libre R

Telef.

1

50

30

Tratamento da información estatística e presentación de resultados empregando o software libre R

Telef.

1

50

30

Fiscalidade do patrimonio familiar

Telef.

1

50

20

Sistema para o intercambio de información económica das entidades do sector público autonómico (Codex)

Telepres.

1

30

12

Sistema de información contable e de tesouraría (Xumco2). Descrición e funcionamento básico

Telepres.

1

30

12

Sistema de información contable e de tesouraría (Xumco2). Usuario avanzado

Telepres.

1

30

15

O xestor de expedientes de contratación (Plation)

Telef.

1

50

20

O sistema de nómina (Breixo): novas funcionalidades no módulo de afiliación e cotización

Telef.

1

50

15

Sistema de información tributaria (Xeito) e expediente tributario electrónico

Telepres.

1

20

25

Elaboración dos orzamentos no sistema de información orzamentario

Telepres.

1

30

10

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Formación das unidades operativas de resposta en terra do Plan CAMGAL

Telepres.

2

50

25

Construír en madeira

Telepres.+presen.

1

30

40

Básico de sistemas de información xeográfica (SIX)

Telef.

1

50

30

Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia no ámbito da Administración pública

Telef.

2

100

35

Fundamentos de QGIS básico aplicado ao planeamento urbanístico

Telef.

1

50

40

Fundamentos de QGIS avanzado aplicado ao ámbito do planeamento urbanístico

Telef.

1

50

50

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

Formación en materia de prevención para persoal que desempeña tarefas en estradas

Presen.

4

140

5

Exercicio da potestade inspectora e sancionadora en materia de transportes

Telepres.

1

30

10

Consellería de Emprego e Igualdade

Área de emprego

Formación específica para o exercicio de accións comprobatorias das condicións de traballo e saúde nas empresas e centros de traballo

Telepres.

1

30

15

Riscos psicosociais. Metodoloxía de avaliación da intervención psicosocial. Estudo de casos

Telepres.

1

25

12

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Área de cultura

Axenda 2030 e bibliotecas: oportunidades e retos

Presen.

1

25

15

Accesibilidade comunicativa e cognitiva en recursos culturais

Presen.

4

120

8

A expurgación na colección das bibliotecas públicas

Presen.

1

25

12

Dixitalización de documentos

Telef.

1

50

25

Área de educación

A atención ao alumnado con discapacidade auditiva nas diferentes modalidades de ensino

Telepres.

1

30

15

A atención e o coidado do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo nas diferentes modalidades de ensino

Telepres.

2

60

15

A mellora da convivencia e do benestar nos centros educativos

Telepres.

1

30

15

Atención ao alumnado con dificultades de deglutición

Telepres.

2

60

10

Atención ao alumnado con dificultades de deglutición para persoal de cociña

Telepres.

1

30

10

Prevención e coidados especiais en materia de saúde desde os centros educativos

Telepres.

2

60

15

Protocolos hixiénico-sanitarios e educativos nos centros docentes

Telepres.

2

60

15

Xestión das etapas de educación infantil, primaria e secundaria a través da aplicación Xade

Telef.

1

50

20

Xestión do persoal (docente e non docente) dun centro educativo a través da aplicación Xade

Telef.

1

50

20

Consellería de Política Social

Traballo en rede e actualización de competencias dixitais para a mocidade

Telef.

1

50

20

Execucións hipotecarias e desafiuzamento: análise da normativa desde o punto de vista do impacto social

Presen.

1

28

16

Os efectos derivados da pandemia na atención ao paciente xeriátrico en centros residenciais de atención a persoas dependentes

Presen.

1

30

15

Aspectos conceptuais e metodolóxicos básicos para a introdución da perspectiva demográfica na actuación da Administración autonómica

Telef.

1

50

30

Os dereitos fundamentais na atención ás persoas en situación de vulnerabilidade social: evitar a discriminación, a aporofobia e o e¡idadismo

Presen.

1

28

16

Coidados paliativos en centros residenciais de atención a persoas dependentes

Presen.

1

30

15

Formación no uso de instrumentos para a valoración das situacións de risco, desprotección e desamparo na infancia e na adolescencia: BALORA, VALÓRAME

Telepres.

1

25

15

Os programas europeos de inclusión social dirixidos ás entidades locais e os seus sistemas de xestión da información

Presen.

1

30

12

Intevención socioeducativa con nenos, nenas e adolescentes con trastornos de conduta no ámbito de protección e xustiza penal xuvenil

Mixto

1

30

15

A coordinación interinstitucional no ámbito dos servizos sociais e outros sistemas de protección

Presen.

1

28

16

Consellería do Medio Rural

Formación en investigación de causas de incendios forestais (avanzado, axentes)

Telef.

1

50

40

Actualización na lexislación en materia de aproveitamentos forestais: análise do novo decreto

Mixto

1

35

30

A información dixital nos procesos de reestruturación parcelaria

Telepres.

1

30

25

Teledetección como fonte para obter resultados de superficies agrícolas

Presen.

1

20

20

O Fogga e a xestión dos fondos da PAC

Telef.

1

50

40

Actuacións dos servizos veterinarios ante incumprimentos

Mixto

1

30

15

Normas fiscais e laborais nas explotacións agrarias

Telepres.

1

25

20

A etiquetaxe dos alimentos

Presen.

1

30

25

Xestión dos medios aéreos de extinción de incendios forestais

Telef.

1

50

25

O sector vitivinícola e o sector das bebidas espirituosas. Novidades normativas e control da calidade comercial. Procesos industriais e distintivos de calidade

Presen.

1

20

25

Maquinaria pesada en extinción de incendios forestais

Telef.

1

50

15

Consellería do Mar

Formación en inspección pesqueira

Presen.

1

30

12

Identificación de especies: moluscos

Presen.

1

20

30

QXIS aplicado ao medio mariño e á xestión dos recursos mariños

Presen.

1

32

30

Comercialización no ámbito da inspección pesqueira

Presen.

1

30

12

Formación en sistemas de información xeográfica aplicados ao espazo marítimo

Telef.+Telepres.

1

20

24

Identificación de especies: macroalgas e a súa explotación

Presen.

1

25

30

Identificación de especies: poliquetos: bioloxía e xestión

Presen.

1

20

30

Consellería de Sanidade

Principios de control de tratamento térmico en alimentos de baixa acidez e acidificados. Validación do tratamento térmico e control de peches

Presen.

1

25

20

Aspectos técnicos aplicables ás inspeccións de competencia do Servizo de Inspección Farmacéutica

Presen.

1

20

15

Inspección sanitaria en adegas

Presen.

1

16

12

Plan de igualdade

Ser a líder: o liderado e autoliderado feminino

Telepres.

1

25

12

Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública

Telef.

3

150

30

Formación básica en igualdade de xénero nas administracións públicas

Telef.

3

150

20

Formación básica para a sensibilización e prevención da violencia de xénero

Telef.

5

250

20

Sexting, sextorsión, violencia de xénero dixital

Telef.

5

250

20

Básico en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero

Telef.

10

500

20

Conciliación da vida persoal, familiar e laboral

Telef.

5

250

30

O enfoque de xénero no deseño, execución e avaliación de plans, programas e proxectos

Telef.

3

150

25

Muller, medios de comunicación e TIC

Telef.

2

100

30

Detección e intervención ante a violencia de xénero nos centros de maiores, centros de día e centros de axuda a domicilio

Presen.

1

25

15

Estratexias para a eliminación de estereotipos de xénero no exercicio da actividade profesional

Presen.

1

25

15

Integración da perspectiva de xénero na xestión pública

Telef.

2

100

30

A educación emocional como ferramenta para promover a igualdade

Telef.

1

50

20

Cursos da Administración local

Réxime xurídico e xestión das entidades locais

Elaboración de pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas na Administración local

Telef.

1

50

30

Persoal laboral temporal na Administración local. Procedementos de consolidación de emprego e funcionarización

Telef.

1

50

30

Xestión de tesouraría municipal

Telef.

1

50

30

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Telef.

1

50

25

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público

Telef.

1

50

25

Responsabilidade patrimonial e procedemento sancionador. Especialidades no ámbito local

Telef.

1

50

30

A Lei de contratos do sector público: os procedementos de contratación nas entidades locais

Telef.

1

50

25

O réxime xurídico das subvencións nas entidades locais. Especial referencia ao control interno

Telef.

1

50

25

Participación cidadá e transparencia no ámbito local

Telef.

1

50

25

Transparencia e integridade pública nas entidades locais

Telef.

1

50

25

Fiscalización e control da actividade de entes locais

Telef.

1

50

30

Plans de saneamento económico financeiro e de axuste nas entidades locais

Telef.

1

50

30

Creación e xestión de proxectos con fondos europeos para entidades locais

Telef.

1

50

25

Introdución á metodoloxía BIM (Building Information Modeling)

Telef.

1

50

30

Ferramentas de sistemas de información xeográfica (SIX) para entidades locais

Telef.

1

50

30

Lei 10/2017, do 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia

Telepres.

1

35

20

A figura do promotor de exercicio físico e saúde nos concellos galegos

Presen.

1

25

15

Xestión orzamentaria en entidades locais

Telef.

1

50

30

Planificación e xestión do turismo para entes locais

Telef.

1

50

30

Tramitación e xestión de expedientes de expropiación forzosa no ámbito local

Telef.

1

50

30

Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios

Introdución ao dereito da Unión Europea para os xestores públicos

Telef.

1

50

30

Deseño e xestión de proxectos europeos

Telef.

1

50

25

Os novos fondos europeos COVID. Mecanismo de recuperación e resiliencia: execución e control

Telef.

1

50

30

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito

Telef.

1

50

24

Competencia e dereito da Unión Europea: a defensa da competencia nos procesos de contratación pública

Telef.

1

50

25

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

Atención á cidadanía

Telef.

1

50

25

Básico de prevención de riscos laborais (PRL)

Telef.

1

50

50

Prácticas preventivas ante agresións para o persoal de atención ao público

Telef.

1

50

25

Novas tecnoloxías para a promoción da actividade física e a saúde á disposición dos concellos galegos

Presen.

1

25

15

Xestión do tempo de traballo e do teletraballo. Especial referencia ás situacións de emerxencia sanitaria

Telef.

1

50

20

Liderado e intelixencia emocional

Telepres.

1

20

15

Protocolo e organización de eventos na Administración pública local. Especial referencia a protocolos COVID-19

Telef.

1

50

25

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

Introdución á protección de datos persoais.

Regulamento europeo 2016/679, de protección de datos

Telef.

1

50

30

Seguridade da información no ámbito da Administración local

Telef.

1

50

30

Ofimática na nube Google Drive

Telef.

1

50

30

A implantación da Administración electrónica na Administración local

Telef.

2

100

25

Lingua galega

Medio de linguaxe administrativa galega

Telef.

2

50

75

Superior de linguaxe administrativa galega

Telef.

1

25

75

Redacción de documentos técnico-xurídicos en galego

Telef.

1

50

15

Cursos da Administración de xustiza

Itinerarios formativos:

Civil

A custodia compartida nas crises matrimoniais

Telef.

2

100

17

Módulo I. Execución civil: disposicións xerais

Telef.

1

50

25

Módulo II. Execución civil: procedemento de constrinximento e trámites posteriores. Especialidades da execución hipotecaria

Telef.

1

50

25

Modulo III. Procedementos civís: disposicións xerais e modalidades procesuais

Telef.

1

50

25

Módulo IV. Xurisdición voluntaria

Telef.

2

100

20

Módulo VI. O concurso de persoa natural que non sexa empresario desde unha perspectiva práctica procesual

Telef.

1

50

20

Social

Módulo I. Lexislación social I

Telef.

1

50

25

Contencioso

Módulo I. Contencioso I

Telef.

1

50

25

Penal

A prisión provisional como medida cautelar persoal no proceso penal

Telef.

1

50

30

Módulo I. A actividade dos xulgados de garda: actuacións propias e alleas aos xulgados de instrución

Telef.

1

50

20

Módulo II. Violencia de xénero e familiar. Tramitación

Telef.

1

50

30

Módulo IV. Actividades procesuais dos xulgados de instrución

Telef.

1

50

30

Coñecementos xerais oficina xudicial e fiscal

Reformas lexislativas de incidencia procesual no ámbito civil

Telef.

1

50

30

Reformas lexislativas de incidencia procesual no ámbito penal

Telef.

1

50

30

Estatuto xurídico do persoal ao servizo da Administración de xustiza

Telef.

1

50

25

Asistencia xurídica gratuíta

Telef.

1

50

20

Atención ás vítimas do delito e información á cidadanía

Telef.

1

50

30

Normativa específica para a prestación de servizos por medio do teletraballo na Administración de xustiza

Telef.

1

50

30

Organización de arquivos xudiciais e expurgación

Telef.

1

50

25

Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito

Telef.

1

50

24

Competencia e dereito da Unión Europea: a defensa da competencia nos procesos de contratación pública

Telef.

1

50

25

Tecnoloxías da información e da comunicación (TIC)

Xustiza dixital

Telef.

1

50

30

Introdución á protección de datos persoais na Administración de xustiza. Regulamento europeo 2016/679, de protección de datos

Telef.

1

50

30

Integración das bases de datos de Minerva e boas prácticas no manexo da aplicación procesual

Telef.

1

50

30

Seguridade da información na Administración de xustiza en Galicia

Telef.

1

50

30

Ferramentas para o teletraballo na Administración de xustiza

Telef.

2

100

20

Implantacion do expediente xudicial electrónico

Telef.

4

200

30

Coñecementos transversais

Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos

Telef.

1

50

15

Prácticas preventivas ante agresións para o persoal de atención ao público

Telef.

1

50

25

Medicina forense

A morte homicida

Presen.

1

30

12

Violencia familiar. Violencia sobre a muller e os menores. Valoración do abuso e a agresión sexual

Presen.

1

30

12

Lingua galega

Curso superior de linguaxe xurídica galega (persoal con destino fóra da Comunidade Autónoma de Galicia)

Telef.

1

25

75

Curso medio de linguaxe xurídica galega (persoal con destino fóra da Comunidade Autónoma de Galicia)

Telef.

1

25

75

Curso superior de linguaxe xurídica galega

Telef.

1

25

75

Curso medio de linguaxe xurídica galega

Telef.

2

50

75

Cursos das universidades galegas

Réxime xurídico e actividade contable das administracións públicas

Xestión de recursos humanos nas universidades

Telef.

1

50

25

Prestacións da Seguridade Social e cotizacións

Telef.

1

50

30

Os contratos do sector público

Telef.

1

50

30

Básico de subvencións e normativa aplicable

Telef.

1

50

30

Revisión dos actos en vía administrativa

Telef.

1

50

25

O exercicio da competencia administrativa na Lei 40/2015, do 1 de outubro

Telef.

1

50

25

Transparencia: acceso á información pública e publicidade activa

Telef.

1

50

25

Gasto público, sustentabilidade e control

Telef.

1

50

15

Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios

Introdución ao dereito da Unión Europea para os xestores públicos

Telef.

1

50

30

Deseño e xestión de proxectos europeos

Telef.

1

50

25

Os novos fondos europeos COVID. Mecanismo de recuperación e resiliencia: execución e control

Telef.

1

50

30

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito

Telef.

1

50

24

Competencia e dereito da Unión Europea: a defensa da competencia nos procesos de contratación pública

Telef.

1

50

25

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

Atención á cidadanía

Telef.

1

50

25

Avaliación de políticas públicas

Telef.

1

50

30

Innovación e creatividade na Administración pública

Telepres.

1

30

25

A innovación social no sector público

Telef.

1

50

20

Como mellorar a xestión do tempo no teletraballo

Telepres.

1

30

10

Xestionar e coordinar equipamentos de traballo en remoto

Telepres.

1

30

15

Ética profesional na Administración pública e calidade de servizo

Telef.

1

50

25

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

Seguridade da información no ámbito das universidades públicas

Telef.

1

50

30

Introdución á protección de datos persoais.

Regulamento europeo 2016/679, de protección de datos

Telef.

1

50

30

Creación e edición de arquivos dixitais con Acrobat XI Pro

Telef.

1

50

25

Dixitalización de documentos

Telef.

1

50

25

Xestión intelixente das redes sociais nas administracións públicas

Telef.

1

50

30

Reutilización da información no sector público. Open Data

Telef.

1

50

20

Lingua galega

Medio de linguaxe administrativa galega

Telef.

1

25

75

Superior de linguaxe administrativa galega

Telef.

1

25

75

Redacción de documentos técnico-xurídicos en galego

Telef.

1

50

15

Portal de idiomas

Lingua de signos

Telef.

2

60

30

Conversa en francés

Presen.

1

15

50

Conversa en inglés

Presen.

2

30

50

Conversa en inglés

Presen.

5

75

50

Comunicación en inglés no ámbito laboral

Presen.

2

40

25

Inglés para postos de atención á cidadanía

Presen.

2

40

25

Conversa en alemán

Presen.

1

15

50

Inglés técnico-xurídico para o sector público

Telef.+Telepres.

2

40

50

Lingua inglesa. Nivel básico 2

Presen.

1

20

50

Lingua inglesa. Nivel intermedio 1

Presen.

5

100

50

Lingua inglesa. Nivel intermedio 1

Presen.

1

20

50

Lingua inglesa. Nivel básico 1 (nivel 1)

Telef.

1

125

50

Lingua inglesa. Nivel básico 1 (nivel 2)

Telef.

1

100

50

Lingua inglesa. Nivel básico 2 (nivel 3)

Telef.

1

75

50

Lingua inglesa. Nivel básico 2 (nivel 4)

Telef.

1

75

50

Lingua inglesa. Nivel intermedio 1 (nivel 5)

Telef.

1

75

50

Lingua inglesa. Nivel intermedio 1 (nivel 6)

Telef.

1

50

50

Lingua inglesa. Nivel intermedio 1 (nivel 7)

Telef.

1

25

50

Lingua inglesa. Nivel intermedio 1 (nivel 8)

Telef.

1

25

50

Lingua inglesa. Nivel intermedio 2 (nivel 9)

Telef.

1

25

50

Lingua inglesa. Nivel intermedio 2 (nivel 10)

Telef.

1

25

50

Lingua francesa. Nivel básico 1

Telef.

2

150

150

Lingua francesa. Nivel básico 2

Telef.

1

100

150

Lingua francesa. Nivel intermedio 1

Telef.

1

50

150

Lingua francesa. Nivel intermedio 2

Telef.

1

50

150

Lingua francesa. Nivel avanzado 1

Telef.

1

50

150

Lingua portuguesa. Nivel básico 1 e nivel básico 2

Telef.

2

230

100

Lingua portuguesa. Nivel intermedio 1

Telef.

1

50

75

Lingua portuguesa. Nivel intermedio 2

Telef.

1

50

75

Lingua alemá. Nivel básico 1

Telef.

1

75

70

Lingua alemá. Nivel básico 2

Telef.

1

50

70

Lingua alemá. Nivel intermedio 1

Telef.

1

25

70

Lingua alemá. Nivel intermedio 2

Telef.

1

25

70

Plan formativo ofimático de Galicia

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base)

Telef.

4

200

50

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2010)

Telef.

3

150

50

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)

Telef.

7

350

50

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2010)

Telef.

4

200

50

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)

Telef.

7

350

30

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2010)

Telef.

4

200

30

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress)

Telef.

3

150

30

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (Microsoft Office 2010)

Telef.

3

150

30

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU/Linux)

Telef.

1

50

30

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (Windows)

Telef.

4

200

30

Cursos de autoformación

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

Incompatibilidades do persoal empregado público de Galicia

Autof.

1

200

18

Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social

Autof.

1

200

20

O persoal laboral ao servizo da Xunta de Galicia: V Convenio colectivo único de persoal laboral

Autof.

1

200

20

Réxime disciplinario do empregado público de Galicia

Autof.

1

200

15

Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público

Autof.

1

200

25

Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia

Autof.

1

200

20

Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia

Autof.

1

200

20

Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia

Autof.

1

200

20

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público

Autof.

1

200

25

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Autof.

1

200

25

Aspectos básicos da xestión do persoal: a función pública de Galicia

Autof.

1

200

25

A responsabilidade patrimonial da Administración pública

Autof.

1

200

30

Contratación estratéxica

Autof.

1

200

35

Os contratos do sector público

Autof.

1

200

30

Prestacións da Seguridade Social e cotizacións

Autof.

1

200

30

A xurisdición contencioso-administrativa

Autof.

1

200

25

A protección do menor ante os medios de comunicación

Autof.

1

200

30

Xestión de indemnizacións por razón de servizo na Administración autonómica

Autof.

1

200

25

Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios

Cooperación transfronteiriza e cohesión

Autof.

1

200

24

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito

Autof.

1

200

24

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

Cambio e motivación nas organizacións

Autof.

1

200

15

Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos

Autof.

1

200

15

Manual de estilo do DOG e outras publicacións institucionais

Autof.

1

200

20

Formación básica en igualdade de xénero nas administracións públicas

Autof.

1

200

20

Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública

Autof.

1

200

30

Básico en prevención de riscos laborais

Autof.

1

200

50

Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos

Autof.

1

200

15

Prevención e xestión de conflitos

Autof.

1

200

25

Diagnóstico do clima organizacional. A optimización do recurso humano

Autof.

1

200

30

Formación básica para a sensibilización e prevención da violencia de xénero

Autof.

1

200

20

Como deseñar presentacións eficaces

Autof.

1

200

20

Técnicas elementais de arquivos

Autof.

1

200

25

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos

Autof.

1

200

25

Introdución á protección de datos persoais.

Regulamento europeo 2016/679, de protección de datos

Autof.

1

200

30

Uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)

Autof.

1

200

50

Uso avanzado de aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)

Autof.

1

200

50

Correo electrónico corporativo

Autof.

1

200

12

Plan formativo ofimático de Galicia

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base)

Autof.

1

200

50

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2010)

Autof.

1

200

50

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2010)

Autof.

1

200

50

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc)

Autof.

1

200

50

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office)

Autof.

1

200

30

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)

Autof.

1

200

30

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress)

Autof.

1

200

30

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (Microsoft Office 2010)

Autof.

1

200

30

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU/Linux)

Autof.

1

200

30

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (Windows)

Autof.

1

200

30