Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2021 Páx. 1455

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 28 de decembro de 2020 polo que se somete a información pública a modificación número 1 do proxecto sectorial do parque empresarial de Cee (A Coruña).

De conformidade co establecido no artigo 25 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e nos artigos 13 e 14 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, sométese a información pública durante o prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a «Modificación número 1 do proxecto sectorial do parque empresarial de Cee, A Coruña».

Durante o prazo referido, calquera persoa poderá examinar a devandita documentación na páxina web do IGVS (http://igvs.xunta.gal/web/igvs/portada) e presentar ante o IGVS as alegacións, documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2020

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo