Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2021 Páx. 1437

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 17 de decembro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se lles notifica a varios propietarios/as a Resolución do 8 de novembro de 2020 ditada pola directora xeral de Desenvolvemento Rural, en relación co expediente da zona de concentración parcelaria de Guillamil-Sabariz (Rairiz de Veiga-Vilar de Santos-Ourense).

De conformidade co disposto no artigo 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido integro do acto que se notifica as persoas interesadas citadas no anexo poderán comparecer, no prazo de dez (10) días, desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural situadas na rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo, Ourense, teléfono 988 38 64 89, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Contra a referida resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE, ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural.

Ourense, 17 de decembro de 2020

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Interesada/o

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

34576160-F

Resolución

Guillamil-Sabariz (Rairiz de Veiga/Vilar de Santos)

40322521-W

Resolución

Guillamil-Sabariz (Rairiz de Veiga/Vilar de Santos)

76716972-N

Resolución

Guillamil-Sabariz (Rairiz de Veiga/Vilar de Santos)

34937445-P

Resolución

Guillamil-Sabariz (Rairiz de Veiga/Vilar de Santos)

34928849-Z

Resolución

Guillamil-Sabariz (Rairiz de Veiga/Vilar de Santos)

72583162-S

Resolución

Guillamil-Sabariz (Rairiz de Veiga/Vilar de Santos)

34659586-N

Resolución

Guillamil-Sabariz (Rairiz de Veiga/Vilar de Santos)

34954364-E

Resolución

Guillamil-Sabariz (Rairiz de Veiga/Vilar de Santos)