Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2021 Páx. 1387

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade enfermaría, de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2).

Unha vez presentada a renuncia do secretario suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade enfermaría, de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 31 de outubro de 2019 (DOG núm. 211, do 6 de novembro) e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Dámaso Pérez Vale como secretario suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade enfermaría, de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2).

Segundo. Nomear no seu lugar como secretaria suplente do dito tribunal a Yolanda Blanco Varela, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2020

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8 de xaneiro de 2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública