Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2021 Páx. 1460

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO de nomeamento de funcionario de carreira.

Con data do 1 de decembro de 2020, ditouse Decreto da Alcaldía, do seguinte teor literal:

«Expediente nº 451/2018.

Interesado: Diego Méndez Castro.

Resolución de alcaldía de nomeamento como funcionario de carreira.

Vista a documentación acreditativa das condicións de capacidade e requisitos exixidos na convocatoria, presentada por aqueles que superaron as probas de selección, mediante o sistema de oposición libre, á seguinte praza:

Grupo

C

Subgrupo

C1

Escala

Básica

Subescala

Administración especial, servizos especiais

Clase

Policía local

Denominación

Policía local

De conformidade co artigo 21.1.h) da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, co artigo 136 do texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, aprobado polo Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e co artigo 7 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se establecen as regras básicas e os programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración local, co artigo 35 da Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais, e co artigo 62 do Decreto 243/2008, do 16 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais,

RESOLVO:

Primeiro. Realizar o nomeamento como funcionario de carreira a favor de:

Identidade do aspirante

DNI

Diego Méndez Castro

***0674**

Segundo. Notificar a presente resolución ao aspirante nomeado, comunicándolle que deberá tomar posesión no prazo dun mes contado desde o día seguinte a aquel en que se lle notifique o nomeamento.

Terceiro. Publicar o nomeamento no Boletín Oficial da provincia e na sede electrónica deste Concello de Xinzo de Limia.

Cuarto. Comunicar a toma de posesión no prazo dos quince (15) días seguintes ao Rexistro de Policías Locais de Galicia, para que realice a oportuna inscrición na sección primeira do dito rexistro.

Quinto. Comunicar a presente resolución ao Departamento de Intervención, Tesouraría e Persoal, para os efectos oportunos.

Sexto. Dar conta do presente decreto ao Pleno municipal na seguinte sesión que este celebre».

O que se fai público para os efectos do artigo 25.2 do Regulamento xeral de ingreso do personal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, aprobado polo Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Xinzo de Limia, 1 de decembro de 2020

Elvira Lama Fernández
Alcaldesa