Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 6 Martes, 12 de xaneiro de 2021 Páx. 1369

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 2020 pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 1 de xuño de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á redacción de plans de emerxencia ante situacións de seca, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento AU100A).

O 17.6.2020, publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 1 de xuño de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á redacción de plans de emerxencia ante situacións de seca, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento AU100A).

A Dirección de Augas de Galicia, por delegación da Presidencia de Augas de Galicia, ditou resolución de concesión de axudas aos concellos beneficiarios.

Segundo o recollido na Resolución do 1 de xuño de 2020 citada, debe publicarse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web de Augas de Galicia a relación das subvencións concedidas.

As axudas fináncianse con cargo á conta financeira 6566 (subvencións de capital a corporacións locais) da entidade pública empresarial Augas de Galicia.

De conformidade co previsto nos artigos 13 e 25 da Resolución do 1 de xuño de 2020 citada,

RESOLVO:

Facer pública no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial de Augas de Galicia a relación das entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2020

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade
P.D. (Disposición adicional única da Resolución do 1.6.2020,
DOG núm. 118, do 17 de xuño)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Detalle de axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 1 de xuño de 2020

Concello solicitante

Importe subvención concedida (€)

Concello de Gomesende

9.825,20

Concello de Coirós

14.229,60

Concello de Piñor

9.825,20

Concello de Castrelo de Miño

9.825,20

Concello de Toén

9.825,20

Concello de Nogueira de Ramuín

8.808,80

Concello de Frades

14.229,60

Concello de Sober

14.036,00

Concello de Mesía

14.229,60

Concello de San Sadurniño

14.510,32

Concello de Begonte

14.036,00

Concello de Cartelle

14.000,00

Concello de Ares

14.520,00

Concello de Abegondo

14.360,28

Concello de Ribadeo

10.822,42

Concello de Larouco

7.260,00

Concello de Pontedeva

7.260,00

Concello de Ribeira de Piquín

14.520,00

Concello de Parada de Sil

9.825,20

Concello de Cortegada

9.825,20