Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 955/2019, seguido por instancia de Paula Ribera Díaz contra Shichibukay, S.L., sobre reclamación de salarios, se ditou Sentenza 452/2020, de data 26 de novembro, en que se estimaba a demanda, contra a cal non cabe recurso. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.
E para que lle sirva de notificación en legal forma a Shichibukay, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
A Coruña, 30 de novembro de 2020
A letrada da Administración de xustiza