Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2021 Páx. 1690

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 757/2020).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 757/2020, seguido por instancia de Daniel Puentes Barro contra Astra Sistemas, S.A. e con intervención do Fogasa, sobre reclamación de cantidade, se ditou Sentenza 449/2020, de data 26 de novembro, en que se estimaba a demanda, contra a cal non cabe interpor recurso ningún. O texto íntegro da sentenza está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Astra Sistemas, S.A.U., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 2 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza