Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2021 Páx. 1665

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2020, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018, pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 17 de decembro de 2020, o tribunal nomeado pola Orde do 24 de xullo de 2019 (DOG núm. 144, do 31 de xullo) para cualificar o proceso selectivo de ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Publicar, como anexo a esta resolución, a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde de puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coa base IV.2 da orde de convocatoria e na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as persoas aspirantes dispoñen dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentar a documentación prevista na dita base.

Segundo. Elevar a dita relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para que elabore a proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira das persoas aspirantes que figuran nela.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro competente en materia de Función Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2020

Darío Ferreiro Otero
Presidente do tribunal

ANEXO

Proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica de obras públicas

Orde

DNI

Apelidos e nome

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

4º exercicio

Total

1

***3771**

Fernández Sierra, Beatriz

27,40

25,49

14,87

Exenta

67,76

2

***3926**

Melchor López, Jacobo

26,51

22,74

12,63

Exento

61,88

3

***5170**

Rico Díaz, Adrián

23,25

26,27

11,28

Exento

60,80

4

***5836**

González Arias, Luis

21,92

26,66

10,10

Exento

58,68

5

***4914**

Vázquez Novo, Diego

21,18

22,74

13,88

Exento

57,80