Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2021 Páx. 1543

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Emprego e Igualdade, pola que se publican as subvencións concedidas pola Xefatura Territorial de Ourense ao abeiro da Resolución do 7 de maio de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia número 98, do 22 de maio).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, publícanse as subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 7 de maio de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, con expresión da convocatoria, programa e crédito orzamentario, entidade beneficiaria, contía e finalidade.

Mediante a Resolución do 7 de maio de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, establecéronse as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2020 das axudas dirixidas ás asociacións de mulleres e ás súas federacións, co obxecto de fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres.

Finalidade da axuda: fortalecer e consolidar o movemento asociativo e potenciar a participación social e a calidade de vida das mulleres galegas a través das seguintes liñas:

a) Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixinen o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións.

b) Liña 2: promoción de actuacións e actividades singularizadas en materia de igualdade, de prevención da violencia de xénero e de acompañamento das vítimas, con especial incidencia nas mulleres rurais, mulleres maiores e/ou mulleres en situación de vulnerabilidade, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Crédito orzamentario: para financiar as axudas previstas nesta convocatoria destínase un importe total de douscentos trinta mil euros (230.000 €), coa seguinte desagregación: oitenta mil euros (80.000 €) correspondentes á liña 1, que se imputan á aplicación orzamentaria 05.11.313B.480.0, código de proxecto 2016 00020, e cento cincuenta mil euros (150.000 €) correspondentes á liña 2, que se imputan á aplicación orzamentaria 05.11.313D.480.2, código do proxecto 2018 00112, do orzamento vixente deste departamento.

As entidades beneficiarias da subvención, así como o importe concedido a cada unha delas, reflíctense no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2020

José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Emprego e Igualdade

ANEXO

Axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación
das mulleres (SI437A)

Subvencións concedidas ao abeiro da convocatoria de 2020

CIF

Entidade beneficiaria

Liña

Concedido

G32369696

Asociación de amigos da cultura e do ocio Aires Nosos

Liña 1

3.000,00 €

G32237869

Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense

Liña 1

3.000,00 €

G32368227

Asociación de mulleres rurais Monterrei

Liña 1

249,43 €

G32354227

Asociación de mulleres Algueirada

Liña 1

2.654,03 €

G32501074

Asociación de mulleres rurais As Trabes

Liña 1

454,97 €

G32362279

Federación de asociacións de mulleres Anaral

Liña 1

2.177,90 €

G32261679

Asociación de mulleres Arandeira

Liña 1

2.643,72 €

G32014334

Asociación de viúvas Maria Andrea

Liña 1

2.995,13 €

G32207516

Asociación de mulleres Anel

Liña 1

2.819,20 €

G32345274

Asociación cultural, económica, social, ecolóxica e de mulleres rurais Os Tres reinos

Liña 1

2.341,56 €

Total liña 1

22.335,94 €

G32480675

Asociación de mulleres rurais Fonte do Ouro

Liña 2

3.106,15 €

G32500357

Asociación de mulleres rurais Pegureiras

Liña 2

399,30 €

G32233512

Asociación de mulleres rurais Entre Nós

Liña 2

625,00 €

G32502353

Asociación de mulleres rurais de Feces de Abaixo As Raiotas

Liña 2

1.631,98 €

G32387698

Asociación de mulleres rurais Fonte do Sapo

Liña 2

1.090,35 €

G32411670

Asociación de mulleres rurais Patio de Melo

Liña 2

989,58 €

G32298168

Asociación de mulleres rurais As Candelas

Liña 2

2.362,44 €

G32176083

Asociación de mulleres rurais Santa Isabel

Liña 2

2.310,26 €

G32181703

Asociación de mulleres rurais Arnoia

Liña 2

3.133,38 €

G32399792

Asociación de mulleres rurais Toural

Liña 2

903,40 €

G32378911

Asociación de mulleres rurais Santa Eulalia de Montes

Liña 2

1.718,81 €

G32282949

Asociación de mulleres rurais e consumo 25 de Xullo

Liña 2

2.079,61 €

G32163461

Asociación de mulleres rurais Nosa Señora do Portal

Liña 2

1.987,48 €

G32362741

Asociación de mulleres rurais Santa María de Tamagos

Liña 2

1.545,21 €

G32305377

Asociación de mulleres rurais Arracada

Liña 2

1.279,90 €

G32369951

Asociación de mulleres rurais A Esperanza

Liña 2

694,07 €

G32487118

Asociación de mulleres rurais Flor da Xesta

Liña 2

973,17 €

G32367542

Asociación de mulleres rurais as Temoeiras

Liña 2

3.033,70 €

G32471971

Asociación de mulleres rurais Cruceiro Gordo

Liña 2

968,00 €

G32500621

Asociación Galega de Mulleres Rurais

Liña 2

3.937,95 €

G32292435

Asociación de mulleres rurais San Miguel de Espiñoso

Liña 2

500,00 €

G32245342

Asociación de mulleres rurais Xestas e Toxos

Liña 2

4.504,84 €

G32140741

Asociación de mulleres rurais Adiante

Liña 2

1.272,21 €

G70377585

Valoresc Innovation

Liña 2

4.875,00 €

G32459976

Asociación A Casiña Artesanal de Coles

Liña 2

1.246,75 €

V32218612

Centro de animación rural de mulleres da Veiga

Liña 2

3.488,72 €

G32504508

Asociación cultural Vive Vilariño

Liña 2

3.533,88 €

Total liña 2

54.191,14 €