Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2021 Páx. 1548

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 29 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Formación e Colocación, pola que se publican as subvencións concedidas en virtude da Orde do 17 de decembro de 2019 pola que se procede á segunda convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas para os exercicios 2020-2021 (código de procedemento TR301P) e á primeira convocatoria dos incentivos á contratación vinculados (código de procedemento TR349X) para o exercicio 2020.

A Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño), dispón no seu artigo 15.1, relativo á publicidade das subvencións concedidas, que os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a contía concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.

Mediante a Orde do 13 de agosto de 2019 (DOG núm. 169, do 6 de setembro), establecéronse as bases reguladoras para o período 2019-2021 e procedeuse á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas para os exercicios 2019-2020, código de procedemento TR301P.

Posteriormente, no DOG núm. 243, do 23 de decembro, publicouse a Orde do 17 de decembro de 2019 pola que se procede á segunda convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas para os exercicios 2020-2021 (código de procedemento TR301P) e á primeira convocatoria dos incentivos á contratación vinculados (código de procedemento TR349X) para o exercicio 2020.

A antedita Orde do 13 de agosto ten por obxecto, no relativo ao procedemento TR301P, establecer as bases reguladoras e as condicións polas que se rexerán, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e durante o período 2019-2021, a convocatoria pública das subvencións para o financiamento das accións formativas para o emprego en unidades formativas nas empresas con compromiso de contratación.

Poden ser entidades beneficiarias das subvencións as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, e as agrupacións temporais de empresas que presenten solicitude conxunta, mediante un convenio que acredite a correspondente agrupación.

Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as administracións públicas, as sociedades públicas, nin as entidades dependentes ou vinculadas a calquera delas.

A concesión das subvencións previstas está sometida ao réxime de concorrencia competitiva nos termos establecidos no artigo 19.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 6.5.b) da Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral.

O financiamento das axudas previstas efectuouse con cargo á aplicación orzamentaria 09.41.323A.471.0, co código de proxecto 2013 00545.

O crédito, desagregado por anualidade, recóllese na seguinte táboa:

Aplicación

Proxecto

Anualidade 2020

Anualidade 2021

Importe total

09.41.323A.471.0

2013 00545

2.000.000,00 €

2.000.000,00 €

4.000.000,00 €

O artigo 2.2 da Orde do 13 de agosto de 2019 establece que estes créditos poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitación que estableza a Conferencia Sectorial de Emprego e Asuntos Laborais.

Así mesmo, o citado artigo dispón que poderá ampliarse a contía máxima dos créditos dispoñibles para a primeira convocatoria. O incremento de crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración, ampliación, incorporación de crédito ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

Ampliouse o crédito dispoñible mediante a Orde do 9 de marzo de 2020 pola que se publica a primeira ampliación de crédito da Orde do 17 de decembro de 2019 pola que se procede á segunda convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas para os exercicios 2020-2021 (código de procedemento TR301P), e á primeira convocatoria dos incentivos á contratación vinculados (código de procedemento TR349X) para o exercicio 2020.

Como consecuencia, o importe total dos créditos destinados ás axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 17 de decembro de 2019 pola que se procede á segunda convocatoria, ampliáronse nas seguintes contías e aplicacións orzamentarias, desagregados por anualidade, con créditos incorporados procedentes de fondos finalistas da mesma aplicación e proxecto que o crédito inicial.

Importe

Crédito

Aplicación

Proxecto

Ano 2020

Ano 2021

Total

Inicial

09.41.323A.471.0

2013 00545

2.000.000,00 €

2.000.000,00 €

4.000.000,00 €

Ampliación

09.41.323A.471.0

2013 00545

3.094.952,35 €

3.464.544,85 €

6.559.497,20 €

Total

09.41.323A.471.0

2013 00545

5.094.952,35 €

5.464.544,85 €

10.559.497,20 €

A relación de subvencións concedidas e entidades beneficiarias, ordenadas por código de expediente, publícase como anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2020

Zeltia Lado Lago
Directora xeral de Formación e Colocación

ANEXO

Código de expediente

CIF

entidade

Entidade

Aplicación

orzamentaria

Importe
total

TR301P-2019/000055-0

J32451338

Newton Consultoría I-Formación

09.41.323A.4710

68.640,00 €

TR301P-2019/000056-0

B32404238

Serviocio Ourense, S.L.

09.41.323A.4710

90.180,00 €

TR301P-2019/000057-0

B32404238

Serviocio Ourense, S.L.

09.41.323A.4710

80.160,00 €

TR301P-2019/000058-0

J32451338

Newton Consultoría I-Formación

09.41.323A.4710

110.760,00 €

TR301P-2019/000059-0

B32349219

Ambulancias As Burgas Servicios

Sanitarios, S.L.

09.41.323A.4710

152.037,00 €

TR301P-2019/000060-0

B32379125

Academia Trinidade, S.L.

09.41.323A.4710

76.680,00 €

TR301P-2019/000061-0

B32379125

Academia Trinidade, S.L.

09.41.323A.4710

76.680,00 €

TR301P-2019/000062-0

B32379125

Academia Trinidade, S.L.

09.41.323A.4710

262.686,00 €

TR301P-2019/000063-0

A36780245

Geriatros, S.A.U.

09.41.323A.4710

32.646,00 €

TR301P-2019/000064-0

A36780245

Geriatros, S.A.U.

09.41.323A.4710

65.292,00 €

TR301P-2019/000065-0

A36780245

Geriatros, S.A.U.

09.41.323A.4710

110.760,00 €

TR301P-2019/000066-0

A36780245

Geriatros, S.A.U.

09.41.323A.4710

65.292,00 €

TR301P-2019/000067-0

B70056957

Exlabesa Extrusión Padrón

09.41.323A.4710

55.803,00 €

TR301P-2019/000068-0

B94017225

Aquafit Gestión, S.L.

09.41.323A.4710

90.180,00 €

TR301P-2019/000069-0

B36832723

Centro de Estudios Activa Formación, S.L.

09.41.323A.4710

44.460,00 €

TR301P-2019/000070-0

B32367302

Academia Ruanova, S.L.

09.41.323A.4710

124.632,00 €

TR301P-2019/000071-0

B15042286

Carpintería Metálica Aluman, S.L.

09.41.323A.4710

150.210,00 €

TR301P-2019/000072-0

B70253158

Consultores Basilio Insua Lado, S.L.

09.41.323A.4710

66.567,00 €

TR301P-2019/000073-0

B36840197

Micofer 2000 Empresa de Trabajo Temporal, S.L.

09.41.323A.4710

45.291,00 €

TR301P-2019/000074-0

B36813517

Sociedad para el Tratamiento de Aguas

Residuales (STAR)

09.41.323A.4710

103.032,00 €

TR301P-2019/000077-0

B27431493

Tamara Souto González y Asociados, S.L.U.

09.41.323A.4710

241.020,00 €

TR301P-2019/000079-0

B32157976

Comercialización Transfronteriza

09.41.323A.4710

42.957,00 €

TR301P-2019/000080-0

B27737022

Hijos de Carlos Albo, S.L.U.

09.41.323A.4710

36.000,00 €

TR301P-2019/000081-0

B32402984

Galprofor, S.L.

09.41.323A.4710

130.584,00 €

TR301P-2019/000082-0

B27422302

Forma-T 2011, S.L.

09.41.323A.4710

257.400,00 €

TR301P-2019/000083-0

B33667601

Greenalia Logistics, S.L.

09.41.323A.4710

128.700,00 €

TR301P-2019/000084-0

B27742014

Forox Innovación, S.L. Unipersonal

09.41.323A.4710

54.436,80 €

TR301P-2019/000085-0

B33667601

Greenalia Logistics, S.L.

09.41.323A.4710

128.700,00 €

TR301P-2019/000086-0

B36864379

Centro de Formación Vial GTI, S.L.

09.41.323A.4710

108.751,50 €

TR301P-2019/000087-0

A15005499

Financiera Maderera, S.A.

09.41.323A.4710

58.425,60 €

TR301P-2019/000089-0

A27199140

Novafrigsa, S.A.U.

09.41.323A.4710

147.420,00 €

TR301P-2019/000090-0

B27821305

Lidera Knowledge, S.L.

09.41.323A.4710

221.520,00 €

TR301P-2019/000091-0

A36001998

Industrias Frigoríficas del Louro, S.A.

09.41.323A.4710

409.500,00 €

TR301P-2019/000092-0

B36062180

Paz Dismac, S.L.

09.41.323A.4710

11.272,80 €

TR301P-2019/000093-0

B15926801

Rotogal

09.41.323A.4710

19.224,00 €

TR301P-2019/000094-0

A15333958

Egalsa

09.41.323A.4710

17.928,00 €

TR301P-2019/000096-0

F27472661

Chorima Gallaecia Transportes e Loxística, S.C.G.

09.41.323A.4710

101.088,00 €

TR301P-2019/000097-0

A36602837

Peugeot Citroën Automóviles España, S.A.

09.41.323A.4710

3.719.040,00 €

TR301P-2019/000098-0

B32379125

Academia Trinidade, S.L.

09.41.323A.4710

56.430,00 €

TR301P-2019/000099-0

F32001976

Cooperativas Orensanas, S. Coop. Ltda. - Coren

09.41.323A.4710

1.667.925,00 €

TR301P-2019/000100-0

B36499960

Imatia Innovation, S.L.

09.41.323A.4710

76.080,00 €

TR301P-2019/000101-0

B27358209

Academia de Enseñanza Newton Vilalba, S.L.U.

09.41.323A.4710

89.652,00 €

TR301P-2019/000102-0

F32230930

Apetamcor, Sociedade Cooperativa

09.41.323A.4710

93.960,00 €

TR301P-2019/000103-0

B94051513

Profesionais da Innovación, Xestión

e Formación S.L.

09.41.323A.4710

59.130,00 €

TR301P-2019/000104-0

B86979465

Centros Agrupados de Formación

Empresarial, S.L.

09.41.323A.4710

63.238,50 €

TR301P-2019/000105-0

B36043073

Centro de Orientación de Estudios

Comerciales, S.L.

09.41.323A.4710

86.010,00 €

TR301P-2019/000106-0

F36606598

Maier Ferroplast, Sociedade Cooperativa Galega

09.41.323A.4710

116.064,00 €