Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 7 Mércores, 13 de xaneiro de 2021 Páx. 1737

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monterroso

ANUNCIO de notificación en procedemento infrutuoso relativo á xestión da biomasa (expediente 451/2020).

Non sendo posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.

Expediente

Titular

Referencia catastral

Localización

451/2020

Francisco Javier Fontao Rojo

27032A068005370000PP

Monterroso

De conformidade co establecido no artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, os titulares das parcelas detalladas dispoñen dun prazo máximo de quince días naturais para proceder á xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas.

Monterroso, 16 de decembro de 2020

Rocío Seijas Vázquez
Alcaldesa presidenta