Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2021 Páx. 2179

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2020, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se modifica a declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Alto da Croa, sito no concello de Vimianzo (A Coruña) e promovido por Greenalia Wind Power Alto da Croa, S.L.U. (IN661A 2007/06).

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Greenalia Wind Power Alto da Croa, S.L.U. en relación coa modificación da declaración de utilidade pública do parque eólico Alto da Croa, constan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Por Resolución do 29 de xaneiro de 2007 publicouse a relación de solicitudes de autorización para a instalación de parques eólicos admitidas a trámite ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2006 (DOG núm. 102, do 30 de maio), incluíndo a promotora Gamesa Energía, S.A. o parque eólico Alto da Croa cunha potencia de 8 MW.

Segundo. O 24.11.2010, o órgano ambiental formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico Alto da Croa, que se fixo pública por Resolución do 23 de decembro de 2010, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas (DOG núm. 21, do 1 de febreiro de 2011).

Terceiro. Por Resolución do 22 de agosto de 2013, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, autorizáronse as instalacións electromecánicas, aprobouse o proxecto de execución, recoñeceuse a condición de instalación acollida ao réxime especial de produción eléctrica e declarouse a utilidade pública, en concreto, do proxecto do parque eólico Alto da Croa (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro).

Cuarto. Por Resolución do 18 de novembro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, modificouse a condición segunda establecida na Resolución do 22 de agosto de 2013, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se autorizaron as instalacións electromecánicas, se aprobou o proxecto de execución, se recoñeceu a condición de acollida ao réxime especial de produción eléctrica e se declarou a utilidade pública, en concreto, do proxecto do parque eólico Alto da Croa e se deixou sen efecto o requirimento efectuado a promotora en relación coas obrigas establecidas nas condicións primeira e segunda da citada resolución.

Quinto. O 2.5.2018, a Dirección Xeral de Enerxía e Minas autorizou o cambio de titularidade do parque eólico Alto da Croa a favor de Sistemas Energéticos Alto da Croa, S.A.U., así como a subrogación desta sociedade nos dereitos e obrigas derivados das autorizacións administrativas outorgadas para o parque eólico.

Sexto. Por Resolución do 25 de xuño de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, autorizouse o cambio de titularidade do parque eólico Alto da Croa, resultante da adquisición por parte de Greenalia Power, S.L.U. da sociedade Sistemas Energéticos Alto da Croa, S.A.U., titular da instalación, e posterior cambio de denominación desta a Greenalia Wind Power Alto da Croa, S.A.U.

Sétimo. Por Resolución do 4 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, autorizouse o cambio de titularidade do parque eólico Alto da Croa, resultante do cambio de Greenalia Wind Power Alto da Croa, S.A.U. a sociedade limitada unipersoal.

Oitavo. Por Resolución do 4 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, recoñeceuse como non substancial unha modificación do proxecto do parque eólico Alto da Croa, sito no concello de Vimianzo (A Coruña) e promovido por Greenalia Wind Power Alto da Croa, S.L.U. (IN661A 2007/06).

Noveno. O 11.2.2020 Greenalia Wind Power Alto da Croa, S.L.U. solicitou a modificación da declaración de utilidade pública do parque eólico Alto da Croa e presentou o documento Relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación. Parque eólico Alto da Croa. Febreiro 2020.

O 12.2.2020 Greenalia Wind Power Alto da Croa, S.L.U. presentou unha declaración responsable en que se inclúen os predios con cuxos titualres alcanzou acordos.

Décimo. O 27.2.2020 esta dirección xeral notificou ás persoas interesadas as modificacións introducidas na relación de bens e dereitos afectados, á cal se fai referencia no antecedente de feito anterior.

Décimo primeiro. O 9.7.2020 a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña remitiu a esta dirección xeral o informe en que se recolle que non existen dereitos mineiros afectados pola poligonal de afección do parque eólico Alto da Croa.

Décimo segundo. Por Anuncio do 22 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, notificouse a varias interesadas a solicitude de modificación da declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Alto da Croa (BOE núm. 237, do 4 de setembro de 2020).

Décimo terceiro. O 13.11.2020, a Consellería do Medio Rural remitiu a esta dirección xeral o informe do Distrito Forestal V. Fisterra en que se conclúe que no espazo proxectado para o parque eólico Alto da Croa non existen montes veciñais, nin montes catalogados de xestión pública. Soamente afecta en unha superficie de 43 m2 no comezo da pista de acceso ao parque eólico ao monte patrimonial de Baíñas (C-3108) do Concello de Vimianzo. Esta pista a día de hoxe xa está construída.

Décimo cuarto. Tras acadar acordos coas persoas titulares de catro dos predios que estaban incluídos na relación de bens e dereitos afectados a que se fai referencia no antecedente de feito noveno desta resolución, o 26.11.2020 Greenalia Wind Power Alto da Croa, S.L.U. presentou o documento Relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación. Parque eólico Alto da Croa. Novembro 2020, que se inclúe no anexo desta resolución.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, en virtude da disposición transitoria segunda do Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no artigo 44.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o fondo de compensación ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o fondo de compensación ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.

De acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que teño atribuídas,

RESOLVO:

Único. Modificar a declaración da utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Alto da Croa, sito no concello de Vimianzo (A Coruña) e promovido por Greenalia Wind Power Alto da Croa, S.L.U., segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia da Coruña, de acordo co establecido no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que coiden pertinente.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2020

Paula Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados actualizada do parque eólico Alto da Croa

Código
antigo

Código
actual

Parcela

Titular

Afeccións (m2)

Datos catastrais

Paraxe

Cultivo

Nome

Pleno dominio

Servidume de paso

Ocupación temporal

Servidume de voo

Pol.

Parc.

Cim.

Plat.

Vial

Gabia

Concello e Vimianzo

250

17

47

465

R Tras da Costa

Matogueira

Hdros. José Quintáns Rodríguez

232

46

240-12

29

47

739

Fonte da Pedra

Matogueira

Hdros. Manuela Suárez Paz

58

11

240-10

32

47

742

Fonte da Pedra

Matogueira

Hdros. Estrella López Trillo

86

11

172

54

47

615

Pedra Borrallas

Matogueira

Hdros. Estrella López Trillo

11

44

172

55

47

614

Pedra Borrallas

Matogueira

Hdros. Estrella López Trillo

10

150

81

47

505

Pedra da Vela

Matogueira

Suárez Paz Herminda

391

143

61

774

150

83

47

504

Pedra da Vela

Matogueira

Suárez Paz Herminda

14

19

9

3