Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 8 Xoves, 14 de xaneiro de 2021 Páx. 2159

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

ANUNCIO de emprazamento no recurso contencioso-administrativo 4175/20 contra o Acordo do Pleno municipal de Vigo, do 29 de xullo de 2020, de aprobación definitiva da segunda modificación puntual do Plan parcial de Navia.

No presente órgano xudicial interpúxose recurso contencioso-administrativo pola procuradora María Trillo del Valle, en nome e representación de C.S.F., que se tramita como procedemento ordinario 4175/2020, contra o concello de Vigo (Pontevedra) sobre o Acordo do Pleno municipal do 29 de xullo de 2020 de aprobación definitiva da segunda modificación puntual do Plan parcial de Navia.

Polo que en, cumprimento da dilixencia de ordenación con data do 9.12.2020 e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, concédese un prazo de quince días para a persoación de quen ten interés lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición, acto ou conducta impugnados.

A Coruña, 9 de decembro de 2020

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xusticia