Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2021 Páx. 2548

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Innovación

CÉDULA do 15 de decembro de 2020 pola que se notifica a resolución de finalización de expediente de reintegro do proxecto IN525A-2014/086, cuxa notificación por oficio foi devolta polo servizo de Correos.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), logo de intentar sen éxito a notificación da resolución de finalización de expediente de reintegro do proxecto IN525A-2014/086 no último domicilio social coñecido da entidade Marine System Europa, S.L., notifícaselle, por medio desta cédula no Boletín Oficial del Estado, a interesada o contido do dito acto como figura no anexo, para que poida ter coñecemento del.

Contra esta resolución que, consonte o artigo 38.6 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da dita publicación, segundo o disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A interesada, durante este prazo, poderá presentarse nas dependencias da Axencia Galega de Innovación, sita na rúa Airas Nunes, s/n, 15702 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do acto administrativo.

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2020

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación

ANEXO

Proxecto: IN525A-2014/086.

Nome ou razón social: Marine System Europa, S.L.

CIF/NIF: B27416767.

Axuda: Resolución do 30 de decembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento da propiedade industrial no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (Programa i2C PI), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (código de procedemento IN525A).

Contido do acto: resolución de finalización de expediente de reintegro de subvención.