Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2021 Páx. 2516

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 264/2019).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante a resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Héctor Enrique Míguez Vázquez contra Servicios de Seguridade Integral e Mantemento A-1, S.L.; Mapfre Vida, S.A. e o Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 264/2019, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Servicios de Seguridade Integral e Mantemento A-1, S.L., en paradoiro ignorado, co fin de que compareza o día 24 de febreiro de 2021, ás 9.30 horas, na planta segunda (oficina xudicial) do edificio da rúa Berlín, para a realización dos actos de conciliación e, en caso de non avinza, o próximo día 24 de febreiro de 2021, ás 9.40 horas, na sala 3 deste xulgado, para a realización do acto de xuízo. Poden comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e deberán acudir con todos os medios de proba de que intenten valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese a destinataria de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Advírteselle que a parte demandante solicitou como probas:

Outrosí digo primeiro: I. Interrogatorio de parte-representante legal de Servicios de Seguridade Integral e Mantemento A-1, S.L., procede o solicitado conforme o artigo 90.3 da LXS, sen prexuízo da cal o momento procesual oportuno para formular e admitir a proba sexa o acto de xuízo (artigo 87 da LXS). Para tal efecto, fágaselles saber que deberán comparecer persoalmente, en canto representantes empresariais con expresa intervención nos feitos aducidos. Todo isto baixo xuramento indecisorio e con apercibimento de dalos por confesos en caso de non comparecencia, advertíndolle que, en caso de non comparecer, poderá impoñérselle a multa prevista no artigo 292.4 da Lei de axuizamento civil e que se non comparece sen xusta causa á primeira citación, rexeitase declarar ou persistise en non responder afirmativa ou negativamente, a pesar do apercibimento que se lle fixese, poderán considerarse recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiran as preguntas, sempre que o interrogado interviñer neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resultar prexudicial en todo ou en parte. En caso de que o interrogatorio non se refira a feitos persoais, admitirase a súa resposta por un terceiro que coñeza os feitos, se a parte así o solicita e acepta a responsabilidade da declaración.

Se o representante en xuízo non tivese intervido nos feitos, deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa destes. Para tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade do devandito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradoras, xerentes ou directivas, soamente poderá acordarse dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta tivesen actuado e en calidade de coñecedoras persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestar xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

Coa advertencia de que, de non o facer, poderán darse por probadas as alegacións feitas pola parte contraria en relación coa proba acordada (artigo 94 da LXS).

Requírese para que achegue con antelación ao acto da vista a seguinte documentación:

a) Copia das condicións xerais e particulares da póliza de seguro de accidentes subscrita en aplicación do Convenio colectivo de empresas de seguridade e vixente durante os anos 2017 e 2018.

b) Recibos de pagamento da referida póliza de seguro correspondente ao período no cal sucedeu o accidente –22 de marzo do ano 2017– así como o ano 2018.

Coa advertencia de que, de non o facer, poderán darse por probadas as alegacións feitas pola parte contraria en relación coa proba acordada (artigo 94 da LXS).

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistida de avogado ou representada tecnicamente por graduado social colexiado, ou por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Servicios de Seguridade Integral e Mantemento A-1, S.L., expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza