Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 9 Venres, 15 de xaneiro de 2021 Páx. 2498

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2020, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 22 de abril de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 80, do 26 de abril), pola que se fai pública a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo

Na sesión celebrada o día 14 de decembro 2020, o tribunal nomeado pola Orde de 11 de decembro de 2019 pola que se nomean os membros do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Publicar, como anexo a esta resolución, a relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, con indicación da puntuación e do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coa base IV.2 da orde da convocatoria, a partir do día seguinte ao da publicación no DOG da relación de persoas aprobadas, estas disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles para a presentación dos documentos previstos na citada base.

Segundo. Elevar a dita relación ao titular da Dirección Xeral da Función Pública para que elabore a proposta de nomeamento como persoal funcionario de carreira das persoas aspirantes que figuran nela.

Terceiro. De acordo co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de decembro de 2020

Isabel Álvarez Caramés
Presidenta do tribunal

Anexo

Proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da administración
xeral da comunidade autónoma de galicia, subgrupo A1, escala letrados

DNI

Apelidos e nome

1º exercicio

2º exercicio

3º exercicio

4º exercicio

5º exercicio

6º exercicio

Total

***8160**

Pigni Giraudo, Agustín

23,50

3,50

19

20

23

Exento

89